AVISO: Mañá cortarase a auga nas rúas Ferrol e Veiguiña por obras

Monforte de Lemos, 2 de outubro de 2019. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que mañá vaise levar a cabo un corte no subministro de auga nas seguintes rúas:

- Rúa Ferrol

-Travesía Veiguiña, solo na beirarrúa do lado de Facenda

Os cortes realizaranse debido ás conexións que é necesario facer polas obras que se están levando a cabo.

Dende o Concello, rogamos desculpen as molestias que os cortes poidan ocasionar.