Mañá impartiranse 2 charlas informativas sobre agresións sexuais e violencia sexual dirixidas a alumnos e alumnas de 4º da ESO de Monforte

Monforte de Lemos, 26 de novembro de 2019. Mañá mércores 27 de novembro entre as actividades que a concellería de Muller e Igualdade do Concello de Monforte a través do Centro de Información á Muller ten programadas co gallo do 25 novembro “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero” levarase a cabo a exposición de dúas Charlas informativas sobre agresións sexuais e violencia sexual, por parte de Dona Angélica Mercado, docente con ampla experiencia en políticas de igualdade.

As actividades desenvolveranse en dúas sesións no Salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte: a primeira de 10:30 a 11:30 h. e a segunda de 12.00 a 13.00 h, e estará dirixida ao alumnado de 4º da ESO dos seis centros de ensino de Monforte.

Esta formación foi concedida pola Secretaria Xeral de Igualdade no marco do Acordo de colaboración asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias de Galicia (FEGAMP), para aqueles municipios adheridos a Rede de Entidades Locais contra a violencia de xénero, e conta coa colaboración do Concello de Monforte.

Nas charlas trataranse contidos que versaran sobre os estereotipos de xénero, a cultura da violación, o consentimento sexual, a violencia sexual dixital (sextorsion, ciberacoso, sexting….), cos mesmos preténdese dotar ao alumnado de ferramentas prácticas para a prevención e detección da violencia sexual.