O Alcalde de Monforte da a coñecer os Orzamentos Municipais para o ano 2020

Monforte de Lemos, 28 de novembro de 2019. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, deu a coñecer os orzamentos do Concello para o ano 2020, sinalando que “hoxe presentamos este quinto orzamento, cumprindo o noso compromiso cos monfortinos de que elaborariamos o presuposto dentro de cada ano natural, deixando atrás os retrasos de varios meses que se viñan producindo o que convertían o orzamento nun documento pouco útil.” O rexedor municipal engadiu que “nos últimos 25 anos, non houbo ningún período de tempo no que se presentaran durante 5 anos seguidos o orzamento en tempo e forma, dentro de cada ano natural para que entren en vigor a principios do ano seguinte, o que demostra a seriedade e a boa xestión do concello feita  por este equipo de goberno”.

Deste xeito, a previsión de ingresos do orzamento para o ano 2020 é de 13.603.301,64 €, o que supón un incremento sobre o presente ano de 670.250,54 €, o que representa un 5,18% de crecemento.

Os fondos deste incremento proceden da participación nos Tributos do Estado por importe aproximado os 300.000 € mentres que os Fondos de Cooperación cos Concellos da Xunta de Galicia aumentan soamente 1.798,50 €. Neste senso, o Alcalde indicou que “parece evidente que o Goberno da Xunta de Galicia do señor Feijóo non ten intención de axudar a Monforte”.

O resto do incremento proven da mellora na recadación do propio Concello, ven sexa de contribuíntes que non pagaban ou que non pagaban todo o que debían, que supón arredor de outros 300.000 €, aproximadamente; e os restantes 65.000 € son transferencias correntes da axuda a domicilio que paga o Estado a través das Comunidades Autónomas, debido o incremento do numero de horas en axuda a domicilio.

O rexedor municipal destacou que “un dato que para nós e moi relevante é A DEBEDA CERO.” Deste xeito, indicou que “por primeira vez na etapa democrática (fai mais de 40 anos) o concello non vai pedir ningún crédito bancario, porque o actual goberno municipal rematará o presente ano 2019 con DEBEDA CERO que foi aprobada recentemente e que xa está tramitada cos bancos, e dicir, que o Concello de Monforte non debe ningún euro os bancos, e polo tanto, os monfortinos empezaremos o próximo ano 2020 libres de débedas no Concello sendo un dos poucos concellos de España onde os seus cidadáns non teñen débeda pública”.

Gasto por áreas de goberno

Polo que respecta o gasto nas áreas de goberno, prodúcese un aumento do gasto social, pasando en axuda a domicilio de 1.171.342,52€ do presente ano a 1.286.255,68 €, o que representa un incremento de 114.913,16 €, que supón case un 10%, concretamente un 9,81%.

No referido ó Campamento de Verán, este experimenta un aumento moi significativo, pasando de 125 prazas en cada una das dúas quincenas do mes de xullo, a 150 en cada grupo, aumentando 50 rapaces e rapazas mais, co obxectivo de axudar as familias a conciliar a vida laboral e familiar, o que supón un aumento dun 20% mais de nenos e nenas que van poder participar. Economicamente o campamento de verán pasará de 25.000 € do presente ano a 39.000 € en 2020, aumentando en 14.000 € a partida,  o que supón un incremento do 56%.

A isto hai que engadir un incremento da partida de Emerxencias Sociais en 5.000 € máis, pasando dos 45.000 € actuais a 50.000 € en 2020 o que vai supoñer un aumento do 11,11%.

No programa Xantar na Casa pasa de 4.500 € actualmente a 7.500 € no vindeiro ano, incrementándose nun 66,66%, para axudar as persoas que se atopan en situación de dificultade para que teñan unha mellor alimentación.

Ademais, mantéñense todas as demais partidas para actividades que se desenvolven no Centro Cívico e nas distintas parroquias que así o solicitan tendo un incremento de 5.000 €, pasando dos 48.000 € que había para 2019 a 53.000 € que haberá no 2020, supoñendo un incremento do 10,42%.

Mantense tamén a partida para asociacións sociais e para o autobús destinado a estudantes universitarios ou de ciclos, que xa se duplicara en anos anteriores é que neste ano ten a novidade de que van poder acceder a estas axudas os estudantes que cursen fora de Galicia. Tamén inclúese no orzamento unha subida importante na axuda para material escolar, pasando dos actuais 14.000 € a 18.000 € que haberá en 2020, incrementándose esta partida en 4.000 € o que supón preto dun 30%, concretamente un 28,57%.

“Con estes datos”, sinalou Tomé Roca, “baixo o noso punto de vista queda claro o compromiso social do Goberno Municipal, tendo como principal obxectivo axudar as persoas, superando con creces os mais de 400.000 € que aumentaron cada ano en relación o ano 2015 cando chegamos o Goberno, o que demostra que este Alcalde e este goberno municipal temos unha preocupación máis social que en etapas anteriores, explícitada nos orzamentos que é onde hai que demostralo con recursos.”

Polo que respecta ó gasto de persoal, aumenta nun 0,8% da masa salarial en relación con 2019, o que supón un aumento de 35.000 € en relación co ano anterior, sendo a cifra resultante de 4.502.743,96 €, o que supón o 33,10% do orzamento.

A partida destinada ás Festas Patronais será similar a dos últimos 4 anos,  que para o vindeiro ano alcanzará os 300.000 €, e tamén se mantén a partida de 17.500 € para a axuda das festas dos barrios e das parroquias. Esta cantidade de 300.000 € é a suma do custe das festas e do verán cultural que antes estaban por separado e agora unifícanse na mesma partida, que aumenta en 26.000 € en relación ó ano anterior, o que supón un 9,49%. Isto vai permitir organizar unas festas patronais similares a do anterior mandato, incluíndo os concertos musicais e os fogos de San Vicente e do Río Cabe.

“Outra prioridade de este Equipo de Goberno e traballar polo emprego, e neste sentido destinamos para o obradoiro que empezara a andar a principios do próximo mes de decembro 100.000 € para rematar as instalación formativas que o Concello ten na Pinguela” indicou o Alcalde.

Por outra parte auméntanse en 5.000 € as axudas para a creación neta de emprego que leven a cabo as empresas e os autónomos, pasando dos 25.000 € que hai na actualidade a 30.000 € que haberá en 2020, o que supón un aumento do 20% respecto o ano anterior.

En deportes mantéñense as axudas, despois de que fosen duplicadas no pasado mandato, manténdose deste xeito o compromiso cos clubs, co deporte de base que coa actividade física saudable. A isto temos que engadir as axudas para deportistas individuais e tamén múltiples subvencións para trofeos e organizacións de eventos deportivos na nosa cidade.

Polo que respecta ós deportistas individuais, aumenta a partida de 5.000 € a 7.000 €, é dicir haberá 2.000 € máis no ano 2020 o que supón un incremento de preto do 30%, concretamente un 28,57%.

Na área de cultura tamén aumenta o orzamento en mais de 57.000 € que irán destinados ó incremento de actividades culturais e tamén a investimentos de adquisición de materiais para o conservatorio.

Polo que respecta a outras entidades mantéñense as axudas nominativas que se viñan concedendo dende o Equipo de Goberno, e nalgúns casos increméntanse, e mesmo aparece unha nova para o Rally Dakar. A título de exemplo:

 

     -Centro Comercial Urbano........10.000€

     -CLARISAS…................................ 3.000€

     -NAUFRAGOS DO PARADISO…... 4.000€

     -FANCINE DE LEMOS…………....... 3.500€

     -CINE CLUB A CALEXA……........... 1.500€

     -MUSEO DO FERROCARRIL…...... 8.000€

     -CARITAS ………………....................5.000€

     -CRUZ VERMELLA….................... 2.000€

     -ASC. PRACEIROS…..................... 2.000€

     -ASOC. HOSTELERIOS….............. 2.500€

     -MUSEO CASA DAS MUÑECAS… 2.000€

     -RALLY DAKAR…………………………… 5.000€

     -CORAL DE RENFE………………….  1.500€

     -CARUDE ROCK………………………. 4.000€

 

“En definitiva”, concluíu o Alcalde, ”son uns bos orzamentos que manteñen as liñas xerais de anos anteriores procurando reducir o máximo o gasto corrente para atender outras áreas de gasto que para nos son prioritarias como son a atención as persoas, a mellora da cidade, o deporte, a cultura ou o medio ambiente.-Como se pode ver, son uns presupostos claramente sociais pensados para dar un  mellor servizo a tódolos veciños e veciñas de Monforte, e por todo isto, esperamos que o resto dos grupos municipais tamén apoien co seu voto este orzamento que é bo para Monforte.”