O Alcalde recibe a Jairo Salgueiro , atleta morfontino que acadou o 1º posto no Campionato de España de Promesas Paralímpicas

Monforte de Lemos, 5 de abril de 2019.  O Alcalde do Concello de Monforte, José Tomé Roca, recibiu esta mañá ao atleta monfortino Jairo Salgueiro Montero en recoñecemento polas medallas de ouro conseguidas no Campionato de España Promesas Paralímpicas  celebrado na localidade madrileña de Collado Villalba entre o 23 e o 24 do pasado mes de marzo de 2019.

Jairo conseguiu a medalla de ouro nas probas de:

  • Salto de lonxitude SUB-20 masculino: 5,74 m. (marca que o clasifica para o Campionato Mundial)
  • 100 metros lisos SUB-20 masculino: 12,17 segundos

Con este resultado Jairo conta coas marcas  necesarias para poder acudir ó Campionato Mundial Júnior que se disputará entre o 28 de xullo e o 5 de agosto en Notwill (Suiza). En canto sexa oficial a súa participación no mesmo, darémola a coñecer.

Deste xeito, o alcalde, en nome de todos os monfortinos, trasladoulle a noraboa por todos os éxitos acadados e obsequiouno cunha figura conmemorativa da Torre do Homenaxe da cidade, desexándolle tamén o maior dos éxitos no Campionato Mundial de Suíza.