O Alcalde recibe á nova directiva do CCU de Monforte

Monforte de Lemos, 4 de decembro de 2019. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a directiva ó completo do Centro Comercial Urbano de Monforte, encabezada polo novo presidente da mesma, Juan Carlos González, mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo na casa do Concello, na que ademais o rexedor municipal puido coñecer e saudar aos novos membros de dita directiva.

Na xuntanza, que se mantivo nun ambiente de cordialidade, os representantes da asociación de comerciantes de Monforte trasladaron ó Alcalde diversas inquedanzas e proxectos en relación coa cidade de Monforte e coa Ribeira Sacra, co fin de aunar esforzos na busca da súa promoción.

Logo da reunión, Alcalde e presidente do CCU quedaron emprazados para seguir mantendo reunións en vindeiras datas para abordar xa proxectos máis concretos. O Alcalde manifestou a súa vontade de colaborar e axudar en todo o que sexa posible para que elo contribúa á mellora da cidade e da Ribeira Sacra.