O Concello de Monforte e a Fundación Naturgy organizan un obradoiro de aforro e eficiencia enerxética o 31 de outubro

Monforte de Lemos, 21 de outubro de 2019. O Concello de Monforte de Lemos, a través do departamento de Servizos Sociais, organiza en colaboración coa Fundación Naturgy un curso destinado a explicar as claves para  aforrar na factura da luz e do gas natural.

O curso, enmarcado dentro das actividades da Escola de Enerxía e denominado “Obradoiro de aforro e eficiencia enerxética”, terá lugar o xoves 31 de outubro de 11:00 a 12:30 no Salón de actos do Centro cívico-social.

O curso está dirixido a todos aqueles que estén interesados no aforro enerxético e para elo, poderán levar a súa factura da luz e/ou gas e os responsables do curso lles explicarán que é o que cada usuario está pagando, que opción ten para axustar a súa factura e que axudas económicas disponibles existen actualmente para este tipo de servizos.