O Concello de Monforte homenaxea ao Clube Lemos polo seu ascenso a Rexional Preferente

Monforte de Lemos, 11 de abril de 2019. Na tarde de hoxe, o Club Lemos de fútbol recibiu no Concello de Monforte unha sentida e merecida homenaxe polo seu meritorio ascenso, acadado antes do remate da Liga (a falta de 5 xornadas para a súa conclusión) esta pasada fin de semana grazas á súa victoria no campo do Outeiro de Rei.

Deste xeito, gran parte dos xogadores do equipo, acompañados polo corpo técnico, a xunta directiva, así coma o entrenador do clube, Edu Rodríguez e o presidente do Lemos, Óscar Manuel López, acudiron ata o Salón de Plenos do Concello onde foron recibidos polo Alcalde da cidade, José Tomé Roca, quen estivo acompañado pola tenente de alcalde, Gloria Prada, a concelleira de Cultura, Marina Doutón,  e o técnico de deportes Óscar Rodríguez.

A homenaxe serveu para que o Alcalde, en nome de todos os monfortinos, agradecese o esforzo do Clube por voltar a unha categoría que é a súa, e animounos a loitar por ollar cara á Terceira División. “Despois de moitos anos de sufrimento, xa era hora de que o Lemos nos dera unha alegría como fixestes este ano”, foron as verbas coas que os recibiu José Tomé.

E é que o Lemos é un clube histórico, con 97 anos de historia, fundado en 1922, o clube máis antigo da provincia de Lugo, que está a piques de celebrar o seu centenario. Por iso, é tan importante o logro acadado nesta tempada.

Por iso, o Alcalde fixo unha petición: “o Lemos ten que volver a onde merece estar, que é a Terceira División, por traxectoria, por cidade e por afección.” Porque, seguiu o rexedor local “o camiño está iniciado. Iniciouno o Presidente e a súa Directiva, facendo unha xestión económica seria e rigorosa, e no plano deportivo, confiando no adestrador e dando oportunidades a xogadores de Monforte e da comarca, que son homes que senten os colores e dan todo polo Clube.”

Tras o alcalde interviron o Presidente do Clube, así coma o entrenador e o capitán do equipo, Roberto Varela, que arrancaron diversas ovacións entre os asistentes.

Tras as intervencións, cada xogador, directivo e técnico foron obsequiados cun recordo conmemorativo simbolizado no monumento da Torre da Homenaxe, e tamén levou un trofeo da Torre o propio Clube que recolleu o seu Presidente da man do Alcalde.

Finalmente, o Club Lemos tamén obsequiou ao Alcalde cunha camiseta conmemorativa do ascenso do equipo.

Desde o Concello de Monforte, MOITOS PARABÉNS Ó CLUB LEMOS!!