Xa está en marcha unha nova edición do ShowRoom Bodas & Eventos 2019

Monforte de Lemos, 30 de xaneiro de 2019. Os últimos preparativos dunha nova edición do certame ShowRoom Bodas & Eventos 2019  xa están en marcha. A que será a terceira edición do evento, que terá lugar o 16 e 17 de febreiro, nesta ocasión, celebrarase nas instalacións do restaurante Don Manuel. A primeira edición tivo lugar nos Mercados da Praza de Abastos, pero nas seguintes optouse por cambiar a ubicación por falta de espazo nas instalacións da Praza.

O certame pretende inspirar e axudar aos noivos que desexen organizar a súa voda e, en xeral, a todo aquel que queira organizar un evento, como poden ser unha comuñón ou bautizo.

Ademais dos stands que comporán a zonas expositiva e de ocio do evento, tamén terá lugar o “Desfile de Noivos, Gala e Comunión”, onde exhibirán as últimas tendencias en traxes de noivos, de gala, comuñón e bautizo, complementos, pastelería, e outros servizos relativos a este sector.

 

Espazo expositivo e de ocio

ShowRoom Bodas & Eventos 2019 contará con diferentes zonas nas que as empresas e entidades participantes ofertarán servizos personalizados de asesoramento a todos os asistentes que acudan ao evento.

Deste xeito, todos aqueles que acudan ao evento poderán contar cun asesoramento especializado para crear, xestionar e organizar o seu evento.

En concreto, o certame ofertará servizos de animación, decoración con globos, floristería, fotografía e vídeos, invitacións e decoración, xoiería e orfebrería, lencería, animación y ambientación musical, perruquería e make up, peiteados en directo, maquillaxe, repostería, tocados e complementos, traxes, viaxes e turismo, coches clásicos, food trucks e coctelería.

 

Outras actividades

Ademais da zona expositiva, o ShowRoom Bodas & Eventos terá tres eventos destacados na súa programación:

Desfile de Noivos, Gala e Comunión: celebrarase o domingo 17 de febrero ás 19:00 horas; será un desfile que contará coas últimas tendencias en moda para eventos, maquillaxe e complementos e contará coa participación de modelos profesionais.

Sorteo Bono-Regalo D. Manuel: todos os asistentes que acudan ao Showroom entrarán no sorteo dun “Bono Regalo D. Manuel”, consistente en 2 cenas para 2 personas no restaurante Manuel Bistró de Monforte de Lemos.

Sesión de fotos #celebraenribeirasacra: desde o certame farase unha sesión de fotos de Voda e Gala en diferentes ubicacións da Ribeira Sacra para promocionar o  hashtag #celebraenribeirasacra.