AVISO: Corte de auga na Parroquia de Seoane, por melloras na conexión da tubería

Monforte de Lemos, 28 de outubro de 2020. O Concello de Monforte informa que na mañá de hoxe vaise levar a cabo un corte no subministro de auga na Parroquia de Seoane, por melloras e arranxos na conexión da tubería.

O corte producirase ás 11.00 horas e está previsto que volva a ser restablecido arredor das 12:00 horas.

Dende o Concello, rogamos desculpen as molestias que este corte na rede de auga poida ocasionar.