AVISO: Corte de auga na rúa Ourense a partir do nº 229 para a reparación dunha avaría

Monforte de Lemos, 16 de abril de 2020. O Concello de Monforte informa que na mañá de hoxe levouse a cabo un corte no subministro de auga na rúa Ourense, a partir do número 229 hacia a rotonda.

Por este motivo, a beirarrúa que inclúe este tramo quedará sen auga mentres duren os traballos de reparación dunha avaría na rede que se detectou esta mañá.

Xa se está a traballar na reparación desta avaría, e agárdase que os traballos finalicen o antes posible e poida ser restablecido o subministro de auga.

Dende o Concello, rogamos desculpen as molestias que este corte na rede de auga poida ocasionar.