AVISO: Peche da carpa do Concello de reparto de mascarillas da zona do Malvarón, por mor das inclemencias do tempo

Monforte de Lemos, 12 de xuño de 2020. Dende o Concello de Monforte informamos que, debido ás inclemencias do tempo ocorridas na mañá de hoxe na cidade, houbo que proceder ó peche ó público da carpa de reparto de mascarillas sanitarias ubicada na rúa Malvarón con Benito Vicetto (fronte ó Zurich).

Todas aquelas persoas que tiveran asignada esa carpa para a recollida das súas mascarillas e que aínda non o fixeran, poderán recollelas na Casa do Concello de Monforte durante a tarde de hoxe venres 12 (de 17:00 a 20:30 h) e o luns 15 de xuño pola mañá (de 9:00 a 13:30 h).

Recordamos que hoxe é o último día para a recollida de mascarillas sanitarias no resto de ubicacións determinadas polo Concello para este fin (pola mañá ata as 13.30 horas, e pola tarde de 17 a 20:30 horas).

Neste senso, o luns 15 pola mañá so poderán acudir á Casa do Concello a recoller as súas mascarillas as persoas que no día de hoxe non puideron facelo na carpa da zona do Malvarón.