Mañá abre o prazo para solicitude de subvencións do Concello de Monforte a deportistas individuais para a tempada 2019 – 2020

Monforte de Lemos, 13 de outubro de 2019. O Concello de Monforte informa hoxe o Boletín Oficial da Provincia (BOP) ven de publicar as bases da convocatoria de axudas económicas dirixidas a deportistas do Concello de Monforte que practiquen algún tipo de modalidade ou especialidade deportiva individual, durante a tempada 2019-2020.

Polo tanto, o prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles dende o día seguinte a publicación desta convocatoria no BOP, é dicir que, unha vez publicado hoxe o correspondente anuncio, o prazo será dende mañá día 14 e ata o 27 de outubro.

O importe total destinado a estas axudas é de 7.000 euros, o que supón 2.000 euros máis que na tempada anterior, e se poderán beneficiar delas os/as deportistas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar empadroado/a no Concello de Monforte.
  • Estar federado/a nalgunha das federacións deportivas galegas ou españolas.
  • Estar ó corrente das obrigacións tributarias coa Facenda estatal e autonómica, así como estar ó corrente das obrigacións coa Seguridade Social e co Concello de Monforte.
  • Ter participado, como mínimo, no Campionato de España, Campionato de Europa ou Campionato do Mundo propio da modalidade deportiva.

Precisamente este último punto e unha das diferenzas, ademais da partida orzamentaria, con respecto ao procedemento de adxudicación das bolsas en anos anteriores, nos que se esixía a participación, como mínimo, en tres campionatos de carácter oficial. Esta decisión foi tomada tendo en conta o condicionamento que supuxo a crise sanitaria do COVID-19 que fixo que en moitas modalidades deportivas se viran suspendidos os campionatos.

Terán a consideración de deporte de carácter individual todos aqueles deportes que, segundo a súa regulamentación, son practicados de forma individual. En todo caso, non se considerarán participacións individuais as substitucións nin as probas coordinadas ou sincronizadas nas que actúe simultaneamente máis dun integrante do mesmo equipo.

Todas as persoas interesadas poderán presentar méritos para a súa avaliación conseguidos entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020.

A cantidade máxima de cada unha das bolsas establécese en 600 € por deportista.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, destaca a importancia destas axudas “nunha cidade na que contamos cunha excepcional canteira de deportistas que destacan en moitas disciplinas e que sitúan a Monforte nun lugar elevado dentro da elite deportiva galega”.