O Alcalde de Monforte informa da mellora da Rúa Alonso Ríos

Monforte de Lemos, 7 de agosto de 2020. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informou da finalización das obras de mellora na rúa Alonso Ríos, iniciadas hai uns días.

En concreto, a zona de actuación na citada rúa abarcou 350 metros de lonxitude, e os traballos de mellora consistiron na rexeneración do seu firme asfáltico, que presentaba numerosas irregularidades e baches.

Esta obra de mellora foi adxudicada á empresa Acoval S.A. por un importe de 15.701,63 euros.

Actuacións levadas a cabo na rúa Alonso Ríos

As obras e actuacións de mellora para a rexeneración do firme da rúa Alonso Ríos consistiron, en primeiro lugar, no fresado do firme ata unha profundidade de 4 cm. de espesor nas zonas en que foi preciso.

En segundo lugar, procedeuse ó varrido do firme nas zonas afectadas, por medios mecánicos, barrido que consistiu nunha limpeza enérxica da superficie do pavimento existente mediante cepillo de arame. Tamén, procedeuse ó  bacheo previo nas zonas en que foi necesario, e aplicouse un rego de adherencia con 1 kg. de emulsión tipo ECR-2 en toda a zona de actuación.

Posteriormente, procedeuse a aplicar unha nova capa de rodadura, consistente nunha capa de aglomerado en quente, tipo D-12, de 4 cm. de espesor.

Unha vez rematada a colocación do pavimento novo, levouse a cabo o recalce de tapas de pozos, arquetas, sumidoiros e demais elementos existentes na calzada, ata o novo nivel do pavimento.

Para rematar, na calzada, unha vez terminada a colocación da nova capa de aglomerado, levarase a cabo o pintado da vía, coa marcaxe das liñas viais, cebreados e símbolos correspondentes. Para elo, utilizarase pintura reflexiva e microesferas de vidro.