O Goberno municipal de Monforte aproba as bases das actividades previstas para o Entroido 2020

Monforte de Lemos, 14 de xaneiro de 2020. O Concello de Monforte, aprobou na Xunta de Goberno celebrada onte, as bases que van regular as actividades do Entroido deste ano 2020.

O primeiro dos eventos festivos programados para o Entroido monfortino é o concurso do xoves de compadres, que se vai celebrar o vindeiro 13 de febreiro. Unha semana máis tarde, o 20 de febreiro, a cidade do Cabe acollerá outra das citas imprescindibles destas datas: o xoves de comadres.

Finalmente, o desfile de comparsas e disfraces será o martes, 25 de febreiro.

Xoves de compadres e de comadres

Tanto para o concurso do xoves de compadres como para o de comadres, a concellería de Cultura de Monforte ten previstas tres convocatorias. Unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual, que concursará na Praza de España.

Á hora de decidir os gañadores teranse en conta a orixinalidade dos materiais empregados e tamén se vai valorar a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, o interese etnográfico e a crítica social. Cómpre destacar que cada un destes criterios terá unha valoración mínima do 10% e a máxima será do 25% do total da puntuación.

Tanto no caso do xoves de compadres como no de comadres, os premios para cada unha das convocatorias son os seguintes:

Individuais

1º premio: 65 euros

2º premio: 35 euros

Accésit: 18 euros

Colectivos

1º premio: 95 euros

2º premio: 65 euros

Accésit: 30 euros

Outros premios

-Premio á etnografía: 100 euros

-Premio á crítica social: 100 euros

As solicitudes para inscribirse no concurso do xoves de compadres terán que presentaranse no Rexistro Xeral do Concello. O prazo para facelo remata o vindeiro 12 de febreiro ás 14 horas. No caso do xoves de comadres, xa está tamén o prazo aberto e o último día para inscribirse é o 19 de febreiro ata as 14 horas.

 

Martes de Entroido: desfile de comparsas e disfraces

O día grande do Entroido será o martes, 25 de febreiro. Xa está aberto o prazo de inscrición no desfile de comparsas e disfraces, e o derradeiro día para poder inscribirse neste concurso é o 21 de febreiro ás 14 horas.

O Concello establece dúas modalidades claramente diferenciadas: unha delas para as comparsas e disfraces de Monforte e outra para os que sexan de fóra da cidade. A diferenza estará na contía dos premios, de tal xeito que o primeiro premio para as comparsas de máis de 90 compoñentes pode chegar ós 1.000 euros e no caso das que sexan de fóra ascenderá a 350 euros.

Por outra parte, haberá premios de 100 euros para a mellor comparsa tradicional, para a mellor posta en escea e a mellor música en vivo, mellor humor e mellor crítica de actualidade.

A relación completa de premios é a seguinte:

COMPARSAS E DISFRACES DE MONFORTE:

Comparsas de máis de 90 compoñentes

1º- 1.000 euros

2º- 650 euros

3º- 450 euros

Comparsas entre 51 e 90 compoñentes

1º- 450 euros

2º- 300 euros

3º- 180 euros

Comparsas entre 25 e 50 compoñentes

1º- 350 euros

2º- 200 euros

3º- 150 euros

Comparsas entre 4 e 24 compoñentes

1º- 200 euros

2º- 150 euros

3º- 120 euros

Individual Adultos de 1 a 3 compoñentes

1º- 100 euros

2º- 75 euros

3º- 50 euros

Premios de 100 euros a:

  • Mellor comparsa tradicional
  • Mellor posta en escea
  • Mellor crítica de actualidade
  • Mellor humor
  • Mellor música en vivo

Premios ás carrozas

1º- 300 euros

2º- 150 euros

3º- 90 euros

Accésits

  • Comparsas con máis de 90 compoñentes: 240 euros
  • Comparsas de 51 a 90 compoñentes: 120 euros
  • Comparsas de 25 a 50 compoñentes: 90 euros
  • Comparsas de 4 a 24 compoñentes: 90 euros
  • Comparsas infantís: 30 euros
  • Individual adulto: 30 euros
  • Individual infantil: 30 euros
  • Ás carrozas: 60 euros

Individual infantil de 1 a 3 compoñentes

1º- 90 euros

2º- 60 euros

3º- 50 euros

Comparsas infantís de 4 compoñentes en diante

1º- 200 euros

2º- 120 euros

3º- 60 euros

*Os premios das categorías infantís serán en material didáctico ou deportivo.

COMPARSAS E DISFRACES DE FORA DE MONFORTE:

1º- 350 euros

2º- 300 euros

3º- 250 euros

4º- 200 euros

5º- 100 euros

 Bases Xoves Compadres Monforte 2020

 Bases Xoves Comadres Monforte 2020

 Bases Comparsas e Disfraces Martes Entroido Monforte 2020

 Solicitude inscrición concursos Entroido 2020

 Anexo I Datos bancarios

 Anexo II Declaración negativa de débedas