O Instituto Galego de Estatística realizará enquisas en diferentes fogares de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos, 23 de xuño de 2020. O Concello de Monforte informa que o Instituto Galego de Estatística, en cumprimento co Plan galega de estatística 2017-2021 (Lei 15/2016, do 28 de xullo, DOG nº 145 do 2 de agosto de 2016), realizará enquisas en diiferentes fogares de Monforte de Lemos, pertencentes á operación estatística "Enquisa estrutural a fogares" . Esta operación é unha investigación de carácter oficial cuxo obxectivo principal é reflectir as condicións de vida das familias galegas en relación con diversas variables de interese como nivel de estudos, ingresos e gastos do fogar e dos seus membros, etc.

A enquisa diríxese a 9.216 vivendas repartidas por todo o territorio galego, e deseño mostral da enquisa figuran vivendas pertencentes ó Concello de Monforte, as cales serán visitadas entre o 6 de xullo e o 23 de agosto por persoal enquisador debidamente acreditado para cubrir un cuestionario estatístico.

As vivendas seleccionadas recibirán unha carta remitida polo Instituto Galego de Estatística na que se lles informa do obxectivo da enquisa, dos medios facilitados para contestala (internet, teléfono gratuito ou poñéndose un enquisador en contacto co fogar), da obriga de facilitar eses datos, tal e como indica o artigo 18 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de Estatística de Galicia, e de que a información proporcionada é estritamente confidencial e está protexida polo segredo estatístico, segundo establecen os artigas 24-28 da citada Lei.

Se algún fogar dos seleccionado necesita coñecer información sobre esta  enquisa, poden facer as súas consultas ó Instituto Galego de Estatistica a través do teléfono gratuito 900 102 104 en horario de 8:00 a 15:00 (teléfono facilitado aos fogares na carta).