O próximo luns o Concello reabre os prazos do proceso selectivo para formar parte da lista de substitucións da enfermeira da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte

Monforte de Lemos, 28 de maio de 2020. O Concello informa que o vindeiro luns día 1 volverá a abrirse o proceso selectivo para a creación  dunha lista de agarda para a cobertura, como persoal laboral temporal, das vacantes e ausencias da enfermeira da Unidade Asistencial de  de Drogodependencias do Concello de Monforte de Lemos.

Visto o disposto polo artigo 10 da Resolución de 20 de maio de 2020, do Congreso dos Deputados, pola que se ordena a publicación do Acordo de autorización da prórroga do estado de alarma declarado polo  Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo:

Décimo. Con efectos desde el 1 de junio de 2020, se derogará la disposición adicional tercera del Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, relativa a la suspensión de plazos administrativos. Desde esa misma fecha, el cómputo de los plazos que hubieran sido suspendidos se reanudará, o se reiniciará, si así se hubiera previsto en una norma con rango de ley aprobada durante la vigencia del estado de alarma y sus prórrogas.”

E dado que o prazo de presentación de solicitudes de participación (20 días hábiles) no proceso selectivo iniciouse o 21 de febreiro de 2020, logo da paralización do mesmo polo disposto na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, relativa  á suspensión  de prazos administrativos por mor do Covid-19, e da reactivación partires do 1 de xuño de 2020, INFÓRMASE os/as aspirantes de que poden presentar solicitudes de participación ata o día 4 de xuño a través da Sede Electrónica do Concello, no Rexistro Municipal ou en calquera outro dos lugares previstos polo artigo 16 da Ley 39/2015 de 11 de outubro.