O Concello leva a cabo mellora no firme de rúas da cidade por mor da chegada da Vuelta Ciclista a España a Monforte

Monforte de Lemos, 27 de agosto de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ben de anunciar que na mañá de hoxe estanse a acometer obras de mellora en tramos de dous rúas do casco urbán de Monforte, “co obxectivo de renovar o seu firme para garantir a seguridade dos ciclistas de la Vuelta a España, que terá a Monforte coma final de etapa o vindeiro venres 3 de setembro”.

O tramos das vías municipais sobre as que se están a executar as obras de mellora, que corren a cargo da empresa Taboada y Ramos, atópanse, un deles na Avenida de Galicia, próximo ó cruce coa rúa Roberto Baamonde, e outro na rúa Celso Emilio Ferreiro, próximo ó entronque coa Avenida de Galicia.

Dado o mal estado de conservación no que se atopaban ditos tramos, e debido ó paso da caravana ciclista de la Vuelta a España polos mesmos, o Concello procedeu a renovar a capa de rodadura, co fresado do firme actual e a posterior aplicación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 5 cm. de espesor. Posteriormente, procederase ó pintado das marcas viais correspondentes (liñas e cebreados).

O investimento para estas melloras, que servirán para garantir a seguridade dos ciclistas ó seu paso pola cidade, alcanza os 22.000 euros (22.769,86 €).

“Un evento da importancia de La Vuelta Ciclista, que amosará o vindeiro venres Monforte e a Ribeira Sacra en millóns de fogares de todo o mundo, require que a cidade presente as condicións óptimas para que o fin de etapa que acollerá a nosa cidade sexa todo un éxito, garantindo con estas actuacións a seguridade do pelotón ciclista polas nosas rúas. Actuacións coma a que acometemos hoxe cumpren coas condicións técnicas indicadas polo comité técnico de La Vuelta en canto ó firme viario se refire”, destaca o Alcalde.