Subvencións
PLAN: REACTIVA MONFORTE
Corrección erros Decreto Resolución Axudas Plan Reactiva (20-21 Maio)
Decreto Resolución Axudas Plan Reactiva (20-21 de Maio)
Decreto Resolución Axudas Plan Reactiva (19 de Maio)
Corrección erros Decreto Aprobación Listados
Decreto Aprobación listados Plan Reactiva das solicitudes do 14 ao 18 de maio
O Alcalde asina o pago das primeiras 208 axudas do Plan Reactiva Monforte
Modelo Declaración Responsable
SUBVENCIÓNS PARA A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL NO MARCO DO ACORDO DA COMISIÓN BILATERAL CELEBRADA O 26 DE OUTUBRO DE 2018, RELATIVO Á ÁREA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANA DO CONXUNTO HISTÓRICO E ZONAS DE RESPECTO DE MONFORTE DE LEMOS (LUGO) 11ª FASE, NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018 – 2021
A presente convocatoria ten por obxecto establecer o procedemento de concesión das subvencións destinadas a financiar as actuacións de rehabilitación dos edificios e vivendas ao abeiro do Convenio asinado entre o Ministerio de Fomento, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (o IGVS) e o Concello de Monforte de Lemos, o 26 de outubro de 2018, relativo a concesión das axudas para a área de rexeneración e renovación urbana do Conxunto Histórico e Zonas de Respecto de Monforte de Lemos 11ª Fase, no marco do Real Decreto 106/2018, de 10 de marzo de 2018, polo que se aproba o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, e do convenio de colaboración previo entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do dito plan, conforme co establecido no artigo 5 do RD 106/2018 e no artigo Terceiro da Resolución do 3 de agosto de 2018 do IGVS. O ámbito no que será de aplicación esta convocatoria é o da ARI do Conxunto Histórico e Zonas de Respecto en Monforte de Lemos, declarada pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 22 de xullo de 2015. Poderán ser beneficiarios das axudas os que asuman a responsabilidade da execución integral do ámbito de actuación. As persoas e as entidades beneficiarias das axudas deberán reunir os requisitos establecidos no artigo 7.2 do Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo. Prazos de presentación de solicitudes O prazo para a presentación de solicitudes será de 60 días (hábiles), contados a partir do día seguinte da publicación destas bases no BOP.
Solicitude Axudas ARI Fase XI Formulario
SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS 2020
As previstas nominativamente nos Presupostos Xerais do Estado, das Comunidades Autónomas ou das entidades locais, nos termos recollidos nos convenios e na normativa reguladora destas subvencións.
Aquí podes descargar os modelos de anexos para xustificación de subvencións para o ano 2020:
Documentación entidades deportivas
Anexos Xustificación:
Anexo III custe total actividade
Anexo IV xustificación desviación
Anexo V relación clasificada de gastos
Anexo VI declaración non débedas
Anexo VII declaración outras axudas
Anexo IX declaración imaxe concello
RALLY DAKAR:
Dakar Orzamento de gastos financiables
Dakar Declaración doutras axudas
Dakar Declaración documentos rexistro asociación
Dakar Acreditación Representación
Documentación entidades non deportivas
Anexos Xustificación:
Anexo III Relación clasificada das facturas
Anexo IV Relación de axudas solicitadas ou concedidas
Declaración outras subvencións
Declaración documentos rexistro asociación
SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA COMPETITIVA
1. AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS 2020
A presente convocatoria enmárcase no programa de “Promoción do emprego” ano 2020, que ten como obxectivo principal fixar poboación no concello e contribuír a un crecemento sostible, promovendo a creación de emprego estable e de calidade a nivel local e facilitando a empregabilidade das persoas en situación de desemprego.
Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais e as pequenas e medianas empresas (PEME), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de novembro de 2019 e o 31 de outubro de 2020.
2. ASOCIACIÓNS LÚDICAS E CULTURAIS
O Concello de Monforte de Lemos pretende apoiar e incentivar as actividades desenvolvidas por Entidades e Asociacións sen ánimo de lucro no Municipio de Monforte de Lemos que se atopen inscritas no rexistro de asociacións, para as actividades a desenvolver no exercicio 2020.
A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para realizar programas, proxectos ou actividades culturais, lúdicas, recreativas ou formativas de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
3. ASOCIACIÓNS SOCIAIS 2020
BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS OU ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS NO ANO 2020.
Esta convocatoria pública ten por obxecto regular o procedemento de concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para a realización de actividades e execución de proxectos no ámbito dos servizos sociais por parte de entidades e asociación sen ánimo de lucro. As axudas outorgaranse baixo os principios de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non discriminación. Terán carácter voluntario e eventual e non serán invocables como precedente.
En concreto, a finalidade destas axudas será contribuír ó financiamento de actividades e proxectos de prestación de servizos sociais desenvolvidos por entidades e asociacións sen ánimo de lucro no Concello de Monforte de Lemos durante o ano 2020 e dirixidos @s seus veciños/as. Deste xeito, o Concello de Monforte de Lemos pretende fomentar e apoiar o desenvolvemento de proxectos complementarios de servizos sociais comunitarios de entidades de iniciativa social previamente inscritas no Rexistro municipal de asociacións atendendo ó seu interese social, calidade, carácter innovador e articulación efectiva coa oferta pública de servizos sociais comunitarios.
Anexo II Acreditación representación
Anexo VI A Xustificación económica
4. SUBVENCIÓNS FESTAS BARRIOS E PARROQUIAS 2020
Dende o Concello de Monforte de Lemos preténdese apoiar e incentivar a realización de actividades culturais, mediante o outorgamento de subvencións, a promoción e organización de actividades culturais e artísticas vinculadas á cultura popular e tradicional entendendo por cultura popular e tradicional en especial, as festas, as tradicións, os costumes, a música, os bailes e danzas, as representacións, o folclore, así como calquera outra manifestación de carácter popular e tradicional nos barrios e parroquias deste Concello.
A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para realizar festas populares nos barrios e parroquias do Concello de Monforte.
Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria todas as parroquias e barrios do Concello de Monforte de Lemos que promovan festas populares, actuando como representantes os organizadores das mesmas e sempre que xustifiquen as condicións establecidas nas bases.
NOTA IMPORTANTE - Estas subvencions están suxeitas a IRPF se quen a solicita é unha persoa física, según o Artigo 33 da LIRPF, como ganancia patrimonial. Os beneficiarios poderán solicitar certificación da finalidade da axuda recibida ós efectos de comunicalo á Facenda Estatal.
Consultar as BASES da convocatoria.
5. DEPORTISTAS INDIVIDUAIS TEMPADA 2019-2020
Dende a Concellería de Deportes do Concello de Monforte, sendo conscientes do esforzo económico que supón a práctica deportiva para deportistas de modalidades individuais e sobre todo cando, grazas ó esforzo e dedicación,se consegue participar en eventos e competicións deportivas fóra do ámbito da xeografía galega e en moitos casos estatal, convócase a concesión de axudas a deportistas individuais do Concello de Monforte para a tempada 2019-2020.
O obxecto das presentes bases é regular o procedemento mediante concorrencia competitiva , de axudas económicas a deportistas individuais do Concello de Monforte de Lemos que, como mínimo, teñan participado no Campionato de España, Campionato de Europa ou Campionato do Mundo propio da modalidade deportiva durante o período obxecto da presente convocatoria.
As persoas solicitantes poderán presentar, no marco desta convocatoria, os méritos deportivos conseguidos entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020.
BASES SUBVENCIÓNS DEPORTISTAS INDIVIDUAIS 2019-2020
SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA NON COMPETITIVA
AXUDAS A TRAVÉS DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN TEMPORAL POR CONTA ALLEA DAS PERSOAS PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “ACONDICIONAMENTO DAS INSTALACIÓNS DA ESCOLA OBRADOIRO A PINGUELA"
Os incentivos á contratación temporal por conta allea teñen por finalidade facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes no obradoiro dual de emprego “Acondicionamento das instalacións da Escola Obradoiro A Pinguela”, financiados a través da convocatoria 2019 de axudas e subvencións a Obradoiros duais de emprego, pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pertencente á Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida nos obradoiros duais de emprego, e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial dos obradoiros duais de emprego.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación destas bases no BOP.
Bases e formulario de solicitude