Actividades

OS MAIOS 2024

O vindeiro mércores 8 de maio o Concello de Monforte de Lemos convoca o tradicional concurso dos Maios, a concentración dos maios e a lectura das coplas será na praza de España ás 17:30 h.

As solicitudes para a inscrición no concurso non competitivo dos maios, así como das coplas, deberán presentarse para a súa participación no Rexistro Xeral do Concello de Monforte. O último día de presentación das mesmas será o 7 de maio antes das 14:00 h.

Bases 2024

XIX CONCURSO DE DESEÑO DE CARTEIS FESTAS PATRONAIS 2024

O Concello de Monforte convoca o XIX CONCURSO DE DESEÑO DE CARTEIS FESTAS PATRONAIS, co fin de escoller o cartel anunciador das FESTAS PATRONAIS de Monforte de Lemos do ano 2024.

Haberá que participar con obras de creación propia, orixinais e inéditas. A técnica e o formato será libre sempre que sexa apta para a reprodución mediante cuatricromía. Os deseños deberán incluír o texto MONFORTE DE LEMOS FESTAS PATRONAIS do 11 ó 16 de agosto 2024, distribuído do xeito que escolla o autor/a. A entrega de orixinais realizarase persoalmente ou por correo no Rexistro Xeral do Concello de Monforte dende a data da convocatoria ata o 3 de maio de 2024. Non se aceptarán aquelas obras que leven cuño de correos con data posterior. As obras non levarán o nome do autor/a de maneira visible e presentaranse nun sobre asinado con pseudónimo, debendo acompañar noutro sobre pechado todos os datos persoais do autor: nome, enderezo postal completo, teléfono e enderezo de correo electrónico.

Establécese un único premio que será o cartel anunciador e a portada do programa das Festas 2024 e dótase cunha cantidade de 1.000 euros, impostos incluídos. O cartel que reciba o premio quedará en poder do Concello de Monforte de Lemos. A propiedade intelectual do traballo gañador corresponderá ó/á autor/a, non obstante a concesión do premio levará consigo sobre o traballo gañador a cesión exclusiva e gratuíta en favor do Concello de Monforte de todos os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación por calquera modalidade, medio ou formato, incluídos os audiovisuais, os informáticos, os multimedia e os telemáticos. O Concello de Monforte poderá exercer os seus dereitos libremente, sen limitacións de tipo temporal ou territorial, sen que en ningún caso sexa necesaria a autorización do autor, que non terá dereito a ningún tipo de remuneración, percepción, participación, compensación nin indemnización por razón de ese exercicio nin da cesión de dereitos. Queda autorizado expresamente o Concello de Monforte para divulgar o traballo gañador na forma e polos medios que considere máis oportunos e poderá exercer os seus dereitos sobre un fragmento ou parte do traballo, podendo adaptalo se fose necesario.

O gañador/a do concurso entregará tamén unha copia do cartel en formato dixital e incluirá os diferentes logotipos facilitados polo Concello de Monforte e se é o caso das entidades patrocinadoras. O cartel gañador e unha selección dos mellores traballos presentados, selección realizada polo xurado, quedarán temporalmente en poder da Delegación Municipal de Cultura para realizar unha exposición na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Unha vez rematada a exposición serán devoltos aqueles que sexan solicitados polos seus autores. Os autores responsabilizaranse totalmente de que non existan dereitos a terceiros nas obras presentadas.

O xurado do concurso estará composto por:
PRESIDENTE: A Delegada de Cultura ou persoa á que designe.
VOGAIS: Persoas de diferentes ámbitos sociais, educativos e culturais de Monforte de Lemos.
SECRETARIO: O técnico de cultura do Concello de Monforte, con voz e sen voto, que certificará o cumprimento das
condicións establecidas nas bases do concurso.
A decisión do xurado farase pública o luns 13 de maio.

CRITERIOS DE SELECCIÓN E VALORACIÓN PUNTUACIÓN MÁXIMA:

-TEMÁTICA E RELACIÓN COA CIDADE DE MONFORTE E AS SÚAS FESTAS -30 puntos
-MELLOR DESEÑO GRÁFICO -30 puntos
-TRATAMENTO DAS CORES E TIPO DE LETRAS -20 puntos
-DIFERENTES USOS DO TEXTO E DAS IMAXES -20 puntos
-CALIDADE TÉCNICA -20 puntos
-CALIDADE ARTÍSTICA -20 puntos
-IMPACTO VISUAL -20 puntos
-CREATIVIDADE -20 puntos
-ORIXINALIDADE NO DESEÑO DA MONTAXE -20 puntos

A participación no Concurso implica a total aceptación das presentes bases. A súa interpretación corresponde exclusivamente ó xurado, o cal poderá deixar deserto o premio establecido. En caso de empate decidirá o voto de calidade do presidente do xurado. O aboamento do premio será tramitado polo Concello de Monforte de Lemos, a través dunha transferencia bancaria. Previamente ao/á gañador/a do concurso seralle requirida a presentación do certificado bancario cun número da conta do titular. Non poderá realizarse o pagamento mentres o beneficiario non se atope ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou coa seguridade social ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.
Contra a resolución definitiva que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, se o acto foi expreso ou de tres meses, ou ben directamente o recurso contencioso - administrativo, no prazo de dous meses, perante o Xulgado co Contencioso-Administrativo de Lugo. No non previsto nas presentes bases estarase ao disposto na ordenanza xeral reguladora da concesión de subvencións municipais e de xeito supletorio na Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de subvencións, no RD 887/2006 de 17 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, e na Lei 9/2007 do 13 de xuño de
subvencións de Galicia.

ARQUIVOS PARA DESCARGA:

Bases Concurso Carteis Festas Patronais Monforte 2024

XXXI CERTAME MUNICIPAL DE TEATRO PARA CENTROS DE ENSINO DE MONFORTE 2024

luns 15 de abril comezan as representacións do XXXI Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte. Os centros participantes nesta edición, son o CEE Infanta Elena, Colexio P. Ferroviario, o CEIP A Gándara, CEIP de Monforte Colexio Novo, o IES A Pinguela e o IES Río Cabe, a ANPA do CEIP A Gándara, Colexio PP. Escolapios e a Asociación Prodeme.

As obras e os días de representación son:

  • CEIP A Gándara con A historia xamáis contada da Pombiña fachendosa o luns 15 abril
  • ANPA CEIP A Gándara con Alicia, o tempo é relativo o xoves 18 abril
  • IES Río Cabe con A Cincenta non quería perdices o venres 19 abril
  • CEIP de Monforte con Tarta de Mora o martes 23 abril
  • CEE Infanta Elena con Vivan los libros o mércores 24 abril
  • Colexio P. Ferroviario con Emocional mente o venres 26 abril
  • IES A Pinguela con Mortes de risa o martes 30 abril
  • Colexio PP. Escolapios con A pantasma de Canterville o xoves 2 maio
  • Prodeme con Un médico a palos o venres 3 maio

Todas as representacións son na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ás 20:00h e a entrega de premios e diplomas será o xoves 9 de maio ás 18,00h

REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS -MONFORTE DE LEMOS programación primeiro semestre 2024

O Concello de Monforte de Lemos ao igual que en anos anteriores, en 2024 seguirá integrado na Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia /AGADIC-GALESCENA o que leva consigo a realización de actividades
vinculadas a dita rede no ano 2024.

No primeiro semestre deste ano teremos a oportunidade de asistir a seis representacións de compañías profesionais, unha para os máis pequenos e cinco para o público adulto. A obra infantil poñerase en escena no mes de maio mentres que as dirixidas ó público adulto representaranse de xaneiro a abril.

Programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios 1º semestre 2024:

Programación Adultos:

-PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS con AUTO DE CASTROMIL 25 de xaneiro
-CONTRAPRODUCIÓNS S.L. con ENTREGA EN MAN 22 de febreiro
-ARTYC CONTENT con QUE DIN AS RUMOROSAS 7 de marzo
-COMPAÑÍA HUMANA coa obra IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER 21 de marzo
-VOLTA E DALLE TEATRO con FALAR POR FALAR 25 de abril

Programación infantil:

-BAOBAB TEATRO coa obra PALABRAS domingo 12 de maio

As representacións levaranse a cabo no Edificio Multiusos, a infantil ás 18:00 h e as de adulto ás 20:15 h. O prezo da entrada xeral será de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.

Fora de Rede de Teatros e Auditoiros o Concello de Monforte programa unha representación teatral para adultos o xoves 11 de abril no Edificio Multiusos ás 20:15h con entrada de balde titulada O SOÑO DOS VAGALUMES do GRUPO DE TEATRO DA UNIVERSIDADE LABORAL DE OURENSE.