Actividades socioculturais

Programa ACTIVA 2018

 

O Concello de Monforte pon en marcha as actividades do Programa Activa 2018 de outubro a decembro, a desenvolver tanto no Centro cívico social coma nas parroquias. As actividades deste programa teñen como obxectivos favorecer o envellecemento activo, promover o intercambio interxeracional e a participación social dos veciñ@s.

Ofertánse un total de 17 actividades no Centro cívico e 5 actividades nas parroquias, cun total de 545 prazas.

CENTRO CÍVICO: ximnasia de mantemento, xinmasia acuática, conservano a memoria, risoterapia, manexo do móvil, internet e correo electrónico, informática (niveis iniciación e perfeccionamento), inglés para maiores, baile iniciación e perfeccionamento, reciclaxe e costura creativa, tapas e petiscos, encaixe de bolillos, pilates, fotografía e saúde e beleza natural

PARROQUIAS: ximnasia de mantemento, conservando a memoria, manualidades, baile e risoterapia.

 

 

O XOVES 20 DE SETEMBRO ÁS 13.00H LEVARASE A CABO O SORTEO DAS ACTIVIDADES NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO, PASEO DO MALECÓN S/N

Consulta e descarga aquí os documentos

 Díptico actividades do centro

 Díptico actividades nas parroquias

 Inscrición actividades parroquias

 Inscrición actividades centro cívico