Plan Especial do Casco Histórico

A Xunta de Goberno Local, por delegación da Alcaldía (Decreto do 18/06/2015) da competencia que lle atribúe o artigo 21.1.j) da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local, adoptou na sesión ordinaria do 10 de xullo de 2017, o acordo que na parte dispositiva di o seguinte:

  1. Proceder á aprobación inicial do Plan Especial de protección do conxunto histórico-artístico de Monforte de Lemos, expediente de iniciativa municipal redactado pola entidade “Oficina de Planeamiento S.A.” en virtude do servizo contratado polo Concello.
  2. Someter a información pública polo prazo de dous meses, de acordo co establecido no art. 75.1 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da Provincia, na páxina web municipal e nos xornais de maior difusión na provincia e que se notificará ás persoas titulares catastrais dos terreos afectados; e solicitar das administracións públicas competentes os informes sectoriais e consultas que resulten preceptivas.
  3. O acordo de aprobación inicial determinará, por si só, a suspensión do outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e demolición no conxunto do ámbito do Plan Especial. De acordo co establecido no art. 86.3 da Lexislación da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a suspensión de licenzas non afectará:
  • Ás obras de mantemento, conservación e reforma, salvo no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total do edificio non xustificadas en razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.
  • Ás licenzas de primeira ocupación.
  • Aos proxectos que cumpran simultaneamente o instrumento de planeamento en vigor e o Plan Especial aprobado inicialmente.
  • Aos actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, a condición de que se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizadas polo novo planeamento.
  • A suspensión de licenzas terá unha duración máxima de dous anos contando desde a aprobación inicial de Plan Especial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva da planeamento.

Nos documentos adxuntos poderás consultar e descargar o plan.

Resumo executivo

Información urbanística

Memoria de ordenación

Normativa urbanística

Catálogo de protección-Tomo I

Catálogo de protección-Tomo II

Estudio económico-financieiro e programa de actuación

Anexo de habitabilidade

Planos de información

Planos de ordenacion

Documento ambiental estratéxico

Relación de titulares catastrais