Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
19 - Novembro - 2017  |  15:08:33
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

A Xunta de Goberno local aproba, por segundo ano consecutivo, as bases do concurso para elixir o cartel das Festas Patronais

08/02/2017 - Cultura

A Xunta de Goberno local do Concello de Monforte deulle luz verde ás bases que van regular o XXII Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais deste ano, o obxectivo é elixir o cartel anunciador da que se considera unha das citas culturais máis importantes da cidade do Cabe. “Queremos conseguir a máxima promoción posible desta festividade, tanto en Monforte como fóra da nosa cidade. Por iso consideramos que a busca do mellor cartel anunciador para as Festas Patronais vai ser o punto de partida para lograr o noso obxectivo”, destaca o Alcalde, José Tomé Roca, “e por segundo ano consecutivo, recorremos á convocatoria deste concurso”.

 

As bases do concurso establecen que van poder participar as obras que sexan de creación propia, terán que ser orixinais e inéditas. Para a elaboración do cartel os artistas poderán empregar calquera tipo de técnica e de formato. Iso si, o único requisito é que sexan aptos para a reprodución mediante cuatricomía. Outro dos aspectos recollidos nas bases é que os deseños deberán incluír o texto “Monforte de Lemos Festas Patronais do 11 ó 16 de agosto 2017”, que poderá distribuírse no cartel do xeito que elixa o autor ou autora do mesmo. Cómpre destacar tamén que as obras non poderán levar de xeito visible o nome do autor ou da autora.

 

A entrega dos orixinais terá que facerse de xeito persoal ou ben a través de correo no Rexistro Xeral do Concello. As obras deberán presentarse nun sobre asinado con pseudónimo, que irá acompañado doutro sobre pechado no que figurarán tódolos datos persoais. A data límite para presentalo é o 26 de maio e a decisión do xurado farase pública unha semana despois, o día 2 de xuño.

 

O Alcalde, José Tomé Roca, destaca que “é interesante darlle a persoas do mundo da arte a oportunidade de participar nun concurso para decidir o cartel anunciador das Festas Patronais de Monforte. Con este sistema conseguimos que o cartel manteña o seu valor estético e informativo e, por outra parte, facemos que este logro forme parte do currículo da persoa que resulte gañadora”.

 

Criterios do xurado

 

Á hora de elixir o mellor traballo, o xurado terá en conta varios aspectos. En concreto, as bases establecen que a temática e relación coa cidade de Monforte e as súas festas, así como o deseño gráfico, serán os dous criterios fundamentais, posto que son os que máis peso van ter á hora de decidir o nome do gañador.

 

Por outra parte, os membros do xurado valorarán o tratamento das cores e tipo de letras, a calidade técnica e artística, o impacto visual, a creatividade e a orixinalidade no deseño da montaxe. O premio para o cartel gañador das Festas patronais será de 1.000 euros.

 

O cartel gañador, e tamén unha selección dos mellores traballos presentados, formarán parte dunha exposición que se fará na Casa da Cultura.

 

Consulta os detalles das bases no seguinte enlace: http://www.monfortedelemos.es/contenidos.asp?sec=10&id=1128



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting