Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
25 - Setembro - 2017  |  2:51:08
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

Monforte aposta pola colaboración entre as administracións e a iniciativa privada para impulsar o turismo

09/02/2017 - Emprego e Promoción Económica

A Ribeira Sacra consolídase como un dos destinos preferidos polos turistas. É unha das conclusións do Informe sobre o turismo na provincia de Lugo, elaborado polo Eixo Atlántico e que se presentou hoxe na Deputación Provincial, un acto ó que asistiu o Alcalde Monforte, José Tomé Roca.

 

O documento destaca que entre 2014 e 2015 a cifra de viaxeiros na Ribeira Sacra aumentou un 12,5%, mentres que o número de pernoctacións subiu un 9,7%. Outro dato novidoso que se tira do estudio é que cada vez son máis as persoas procedentes doutras cidades españolas as que elixen a nosa comarca para pasar uns días de descanso. En concreto, o peso do mercado español aumenta case en 5 puntos porcentuais.

 

Por outra parte, estudio apunta tamén que “a comarca de Ribeira Sacra é un xeodestino exemplar de superación de barreiras político-administrativas e no que dúas provincias conseguiron poñerse de acordo antes do Plan de Dinamización, polo que ambas poden vender indistintamente o territorio conxunto”.

 

Durante o acto de presentación o Alcalde de Monforte, José Tomé, destacou que “cómpre seguir traballando conxuntamente entre tódalas administracións e a iniciativa privada para poder impulsar o turismo, especialmente, na Ribeira Sacra”.

 

Camiño de Inverno

O Informe sobre o turismo na provincia de Lugo destaca tamén a evolución positiva de peregrinos polo Camiño de Inverno. En 2015 un total de 222 persoas chegaron a Compostela a través desta ruta, mentres que en 2014 esa cifra foi algo máis baixa: 131.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting