Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
24 - Maio - 2017  |  21:31:17
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello de Monforte elixe fachada para instalar o mural do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

13/02/2017 - Avisos Municipais

O Concello de Monforte de Lemos avanza nos trámites para a realización do mural promovido polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Está previsto que esta actuación se leve a cabo na fachada que da á rúa Duquesa de Alba, en concreto, no edificio número 25 da rúa San Lázaro.

 

Por ese motivo, a Xunta de Goberno local deulle luz verde ó convenio que se vai asinar entre a administración municipal e a propietaria da fachada para a súa cesión. O documento establece que a dona do edificio cede esta superficie por un mínimo de 10 anos e que o mantemento do mural corresponderalle ó Consorcio de Turismo.

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, explica que “con esta actuación imos embelecer un dos espazos da nosa cidade. Por outra parte, este mural servirá para poñer en valor os recursos, a cultura e as nosas tradicións”. O rexedor apunta tamén que “o mural vaise colocar nun sitio moi visible e nunha contorna deportiva, polo que chegará a moita xente”.

 

A obra de arte que terá Monforte reflicte unha escena da vendima e ademais recolle a imaxe do ferrocarril.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting