Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
21 - Xullo - 2017  |  10:30:18
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Alcalde asiste á Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, que coincide co 25 aniversario desta entidade

15/02/2017 - Emprego e Promoción Económica

O Alcalde, José Tomé Roca, asistiu hoxe á Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, que se celebrou no Museo Interactivo da Historia de Lugo. Na orde do día desta xuntanza incluíase a aprobación do balance de xestión, do informe económico, así como o presuposto e o programa para este ano 2017: “impulsar o Porto Seco, a modernización da liña ferroviaria Lugo-Ourense así como da autopista Ponferrada-O Barco-Monforte-Ourense son parte dos asuntos que abordamos hoxe e que, sen dúbida, serán algunhas das accións estratéxicas nas que imos centrar os esforzos ó longo deste ano”, explicou o rexedor monfortino, “en definitiva, o que pretendemos, co apoio do Eixo, é consolidar esta estratexia conxunta que xa vimos poñendo en marcha entre a Deputación e os concellos de Monforte, Lugo e Sarria para potenciar a Galicia interior”.

 

Nese sentido, o Alcalde, José Tomé Roca, apuntou que “lle solicitei expresamente ó Eixo Atlántico que xestione diante das administracións competentes as actuacións necesarias para as infraestruturas da liña ferroviaria Lugo-Ourense, da plataforma loxística, e da autovía Ponferrada-Monforte-Ourense; debido a que se trata de actuacións que son de interese xeral para Galicia e a Eurorrexión”.

 

Por outra parte, o mandatario local sinalou que “outro dos temas que estivo enriba da mesa é a organización e celebración dos XII Xogos do Eixo Atlántico nas cidades de Monforte, Lugo e Sarria, que se van celebrar o vindeiro mes de xullo”.

 

25 Aniversario do Eixo

 

Esta Asemblea coincide co 25 aniversario da creación do Eixo Atlántico, motivo polo que tamén está prevista a inauguración dunha exposición conmemorativa na Praza Maior da cidade das Murallas. Trátase dunha instalación composta por 36 lonas articuladas en forma de cubos que fai un percorrido pola historia del Eixo e os seus grandes fitos de cooperación transfronteiriza.

 

A Asemblea estivo presidida polo Alcalde de Viana do Castelo, José Mª Costa, e entre outros, asistiron o presidente do Eixo, Ricardo Pio; o vicepresidente, Alfredo García; o secretario xeral, Xoán Vázquez Mao, así como representantes das 38 cidades e entidades que integran esta entidade. A clausura da Asemblea estivo a cargo do secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting