Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
26 - Xuño - 2017  |  7:24:27
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Alcalde recibe ó Xeneral Xefe da Garda Civil en Galicia

17/02/2017 - Avisos Municipais

O Alcalde, José Tomé, recibiu esta mañá ó Xeneral de Brigada, Xefe da Garda Civil en Galicia, Ángel Alonso. O máximo responsable do instituto armado na nosa comunidade chegou acompañado do Coronel de zona, Calixto Villasante e tamén do Capitán do cuartel monfortino, Antonio Pérez.

 

“Foi unha visita de carácter protocolario. O  Xeneral de Brigada tomou posesión do seu cargo en Galicia recentemente e está realizando un percorrido pola comunidade para saudar ós diferentes rexedores daqueles concellos que contan con Capitán na comandancia da Garda Civil”, explica José Tomé.

 

O mandatario local indica que “ámbolos dous fixemos referencia á importancia de manter unha estreita colaboración para poder prestar o mellor servizo ós cidadáns. Nesa liña, analizamos o traballo da Garda Civil nos seus diferentes aspectos, tanto  ás tarefas de seguridade, como de tráfico, Seprona e do servizo de armas”. José Tomé engade que “durante a reunión constatamos que o nivel de delincuencia é baixo, tanto no Concello de Monforte como no que abarca a comandancia no sur da provincia. Pero non por iso hai que baixar a garda, non debemos conformarnos e debemos seguir mellorando a eficacia na vixilancia”.

 

O rexedor apunta que “os momentos máis complicados para prestar servizo son as datas de verán e de nadal, posto que coincide cunha maior actividade e desprazamentos dos cidadáns; así como unha menor dispoñibilidade de efectivos motivada polos descansos dos axentes”.

 

Durante a conversa, O Alcalde convidou ó Xeneral de Brigada a visitar Monforte “para que coñeza os nosos monumentos e a riqueza da nosa paisaxe”.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting