Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Febreiro - 2017  |  21:07:39
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

A sede electrónica do Concello de Monforte comezará a estar operativa a partir do luns

17/02/2017 - Avisos Municipais

A tenente de Alcalde, Gloria Prada, acompañada do responsable de informática do Concello, Ramón Pérez

A partir do vindeiro luns, 20 de febreiro, comezará a estar en funcionamento a sede electrónica do Concello de Monforte, unha ferramenta que vai permitir ós cidadáns realizar trámites coa administración local dende calquera lugar con acceso á internet.

 

A tenente de Alcalde, Gloria Prada, explicou que, ó igual que a sede electrónica de calquera municipio, haberá tres partes definidas:“unha primeira parte de acceso libre, que recollerá a información das normas que regulan as sedes electrónicas, con normativa municipal, perfil do contratante ou factura electrónica. Unha segunda parte, que requirirá certificación electrónica, e nela o cidadán poderá consultar os seus datos de padrón, impostos, taxas, e obter un xustificante dos mesmos ou un duplicado”. En terceiro lugar, a sede electrónica terá unha parte propiamente tramitadora e que, no futuro, será o apartado de maior tráfico na sede electrónica.

 

Gloria Prada explicou que “aínda queda por diante un traballo enorme para conseguir o 100% da operatividade da sede electrónica, a intención é ir pouco a pouco, pero a partir deste luns toda a documentación que ata o de agora había que levar presencialmente ó rexistro, poderá tramitarse telemáticamente dende casa, o que tamén suporá un exame máis riguroso da documentación”.

 

Á sede electrónica do Concello de Monforte poderá accederse a través dun enlace que estará dispoñible na páxina web do Concello.

 

A posta en marcha da sede electrónica obedece á necesidade de dar cumprimento á lei que regula as relación entre as administración públicas e os cidadáns, que ten como fin implantar unha administración completamente electrónica e interconectada. 



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting