Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
24 - Maio - 2017  |  21:35:07
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello de Monforte convoca o concurso de atletas e clubs máis destacados do ano 2016

06/03/2017 - Deportes

Gala do Deporte do pasado ano

A concellería de Deportes de Monforte convoca a quinta edición do concurso para elixir ós atletas e clubs máis destacados do ano 2016, incluíndo as categorías de adestradores e árbitros. As bases definitivas, que se adxuntan a esta información, recollen, entre outras, as seguintes cuestións:

 

CATEGORÍAS

 

-Mellor deportista, masculino e feminino, do 2016.

-Mellor deportista promesa, masculino e feminino, do 2016.

-Mellor adestrador ou adestradora do ano 2016.

-Mellor árbitro/a ou xuíz/a do ano 2016.

-Entidade Deportiva ou club máis distinguido en canto á promoción do deporte durante o ano 2016.

-Premio á deportividade e ó xogo limpo.

 

A presentación de candidaturas poderán facelas os clubs e entidades deportivas, deportistas así como membros do xurado e persoas relacionadas coa actividade física e o deporte municipal. As candidaturas poderán ser presentadas polos propios candidatos ou por terceiras persoas.

 

As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte dende o día seguinte á súa publicación na páxina web do Concello, sendo o derradeiro día para presentalas o 31 de marzo ás 14 horas.

 

As solicitudes deberán conter obrigatoriamente a seguinte documentación:

 

•   Instancia de solicitude asinada polo/a interesado/a.

 

•   No caso de optar ao premio de mellor deportista, absoluto ou promesa, e mellor adestrador/a,  relación detallada dos logros deportivos conseguidos durante o ano 2016 en campionatos oficiais, indicando con claridade todos os datos da competición (denominación, datas, categoría, etc.)

 

•   No caso de optar ao premio a mellor árbitro/a, relación detallada da súa actividade como árbitro/a – xuíz/a durante o ano 2016.

 

•   No caso de clubs e entidades deportivas que opten ao premio á promoción do deporte deberase facer unha exposición de motivos na que se fagan constar as razóns polas que deberían ser considerados como a entidade deportiva máis distinguida en canto á promoción do deporte.

 

•   Para participar na categoría de premio á deportividade e ó xogo limpo deberase entregar unha memoria explicativa das actitudes de autoestima, cooperación, responsabilidade e tolerancia no deporte que o candidato mostrou durante a actividade levada a cabo no ano 2016.

 

•   Reportaxe fotográfica ou audiovisual dos atletas ou clubs participantes, en formato dixital.

 

Unha vez finalizado o prazo de solicitudes farase pública a listaxe das candidaturas que optan á elección.

 

Os vencedores de cada categoría daranse a coñecer na Gala do Deporte Monfortino, que se celebrará nunha data aínda por determinar.

 

En cada unha das categorías haberá un único vencedor.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting