Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
24 - Maio - 2017  |  21:34:54
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Alcalde demanda que se cubran as 15 vacantes na comisaría de Monforte

07/03/2017 - Benestar Social

A sala de Xuntas do Concello de Monforte acolleu esta mañá a reunión ordinaria da Xunta Local de Seguridade. Á xuntanza asistiron o Alcalde, José Tomé, o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo e tamén os representantes dos distintos corpos de seguridade: Xefe Provincial da Policía Nacional, o inspector Xefe da Comisaría de Monforte, un representante da Policía autonómica e o Oficial da Policía Local.

 

Durante a súa intervención, o mandatario local indicou que “debido ó cambio de normativa en relación cos horarios de peche da hostalería, solicitámoslle á Policía Nacional a súa presenza nas rúas, especialmente entre as 5 e as 7 da madrugada para facer cumprir a nova lexislación”. Por outra parte, José Tomé demandou que se complete o cadro de persoal da comisaría de Monforte, que nestes intres ten 15 prazas vacantes, “tal e como imos realizar dende o Concello no que respecta á dotación de efectivos na Policía Local, que se completará ó longo deste ano”.

 

Ademais, o Alcalde aproveitou para dar traslado do acordo plenario do pasado mes de xaneiro, no que se lle solicita á Subdelegación do Goberno que elabore un informe en relación cos feitos acontecidos durante a noite de fin de ano na cidade do Cabe. Os mandos policiais informaron detalladamente dos acontecementos na Noitevella.

 

Outro dos asuntos que estivo enriba da mesa foi o de informar do punto no que se atopan os trámites que está levando adiante o Concello, para que o pleno se pronuncie en relación coa cesión do edificio que albergará a nova comisaría.

 

Colaboración en eventos e datas sinaladas

 

Durante a celebración da reunión da Xunta Local de Seguridade, o Alcalde tamén se referiu a aqueles eventos nos que é preciso que haxa unha especial presenza da Policía Nacional: “as datas que cómpre ter en conta son a feira medieval, as festas patronais de agosto, o San Mateo en setembro, Nadal e fin de ano, a cabalgata de Reis e tamén o desfile de comparsas do entroido. Por outra parte, indicar tamén o Martes de Pascua, onde os axentes da Policía Nacional teñen unha presenza institucional”.

 

José Tomé engade que “a maiores destas citas, tamén debemos ter en conta os posibles eventos deportivos ou outro tipo de espectáculos que puideran ter como escenario a cidade do Cabe e que debido a que atraen un importante público, a situación require extremar as medidas de vixilancia e reforzar a colaboración entre as diferentes forzas de seguridade”.

 

Descenso dos delitos

 

Segundo datos da Policía Nacional, durante o 2016 houbo 349 infraccións penais. Desa cantidade, 175 foron delitos graves ou menos graves; mentres que un total de 174 cualifícanse como leves. Esta cifra supón unha caída dun 1,41% respecto do ano anterior, cando se rexistraran 354 infraccións penais.

 

O grao de esclarecemento dos delitos de maior consideración aumentou en máis de oito puntos porcentuais respecto do ano anterior. En concreto, durante o 2016 a cifra foi de 64,57%; é dicir, esclarecéronse 113 dos 175 delitos denunciados.

 

Polo que respecta á tipoloxía, cómpre sinalar que entre os delitos máis habituais están os roubos con forza, en vivendas, anexos e establecementos. Por outra parte, hai que destacar que houbo unha lixeira caída no número de casos de violencia de xénero.

 

O Alcalde, José Tomé, apunta que“a reunión de hoxe serviu para constatar que Monforte é unha cidade segura e, en xeral, os parámetros de delincuencia son similares ós de anos anteriores; se ben podemos dicir que descenden os delitos de maior consideración”.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting