Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
24 - Maio - 2017  |  21:35:13
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello de Monforte pon en marcha o Programa Actívate 2017

17/03/2017 - Benestar Social

O Concello de Monforte pon en marcha no mes de abril o Programa Actívate 2017 para favorecer o envellecemento activo, promover o intercambio interxeracional e a participación social dos seus veciños e veciñas a través de diferentes actividades a desenvolver no Centr Cívico social e en 14 parroquias rurais que as demandaron.

A duración da primera conocatria de actividades é de abril xuño e o número de prazas ofertadas é dun total de 402, das cales 251 corresponden a actividades do Centro Cívico e 151 prazas ás parroquias. No programa de actividades do Centro Cívico existen dous bloques de actividades: as dirixidas a persoas maiores de 60 anos e as dirixidas a maiores de 14 anos.

Entre as novidades na programación de actividades inclúense as actividades de pilates, danza expresiva, cociña e coidado da imaxe persoal,  dáse continuidade a actividades con maior demanda noutros exercicios como sacar partido ó móbil, ximnasia, piscina, manualidades, informática,...

Así mesmo, os veciños/as das parroquias poderán participar en actividades como ximnasia, memoria, risoterapia, manualidades e cestería.

O prazo de inscrición estará aberto a partir do martes 21/03/2017.

Para máis información dirixirse ó Centro de servizos sociais situado no Paseo do Malecón s/n (982 416 541)



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting