Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
25 - Setembro - 2017  |  2:48:59
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello instala unha nova fonte e dota de iluminación a mediana da Compañía

11/04/2017 - Benestar Social

O Alcalde e o concelleiro de Servizos supervisan os traballos

O Concello de Monforte acaba realiza melloras na mediana da Compañía, fíxoo mediante a colocación dunha nova fonte que incorpora iluminación. Estará ubicada na parte da mediana máis próxima ás escaleiras que dan acceso á explanada da Compañía.

 

A nova fonte está formada por tres depósitos de auga situados a distinto nivel. As dimensións son de tres metros de longo por un de ancho. Está realizada en madeira de IPE, un material moi apropiado para este tipo de instalacións, posto que é duro, moi resistente á humidade así como ó ataque de insectos.

 

Por outra parte, a fonte está dotada dunha bomba de recirculación, isto implica que se consigue optimizar o consumo posto que a auga se reutiliza e soamente se consume aquela que se evapore de xeito natural. A estrutura da fonte é de madeira debido á contorna na que se ubica e ademais, leva unha impermeabilización interior.

 

Polo que respecta á iluminación, esta será de dous tipos. Unha delas estará ubicada nos propios compartimentos da fonte, o que permitirá realzar a caída da auga duns niveis a outros. A outra fase de luz consiste en dotar de alumeado a toda a mediana, onde irán ubicados seis focos led, que axudarán a facer moito máis visible este espazo que separa ambos sentidos da circulación do tráfico. O custe da nova fonte instalada ascende 6.171 euros.

 

Cómpre sinalar que para poñer en funcionamento este novo alumeado, foi preciso realizar unha nova instalación eléctrica, cuxo custe ascende a 1.123 euros. Mentres que os focos led terán un custe de 300 euros.

 

O investimento total destinado a embelecer a mediana da Compañía, incluíndo a fonte e iluminación, é de 7.594 euros.

 



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting