Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
21 - Xullo - 2017  |  10:38:32
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

Máis dun milleiro de persoas van participar na IX Carreira Popular de Monforte, que se celebra este domingo

21/04/2017 - Deportes

Algo máis dun milleiro de persoas van participar na IX Carreira Popular Concello de Monforte, que se celebra este domingo. En concreto, a cifra ascende a 1.081 atletas.

 

O número de inscritos para cada unha das carreiras é o seguinte:

 

•   Categoría mini: 92

•   Categorías A-B: 298

•   Categoría C: 91

•   Categoría D-E: 99

•   Categoría absoluta: 501

 

Un dos corredores confirmados é Nuno Costa, que foi vencedor da última edición da media maratón Vigo - Baiona, un feito que garante unha cabeza de carreira de alto nivel.

 

O evento está composto de cinco carreiras, catro de categorías de menores de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros, e unha carreira absoluta de 7.000 metros. O inicio das probas de menores terá lugar ás 11 da mañá, mentres que a carreira absoluta sairá ás 12 horas. Todas as carreiras presentan un percorrido totalmente urbano e moi atractivo, posto que parten da explanada da Compañía e discorren por varias rúas do casco histórico da cidade.

 

Entre as probas de menores e a proba absoluta establécense un total de 14 categorías, o que da lugar a un reparto importante de trofeos, xa que os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo conmemorativo do evento. A única categoría na que non haberá clasificación é na MINI onde todos os participantes levarán unha medalla e unha bolsa de lambetadas como agasallo por rematala carreira.

 

Ademais dos premios por categorías, haberá tamén premios especiais para os mellores atletas locais e para os gañadores absolutos da proba.

 

Todos os participantes que rematen cada unha das carreiras nas que participen recibirán unha camiseta conmemorativa do evento así como avituallamento sólido e líquido.

 

 

Cortes de tráfico

 

A celebración deste evento deportivo suporá a alteración do tráfico nalgunha das rúas polas que circula a carreira, feito polo que o Concello de Monforte pide a comprensión dos veciños.

 

O tráfico verase afectado do seguinte xeito:

 

•   Entre as 10:15 e as 13:30 horas estarán cortadas ó tráfico as seguintes rúas:

---R/ Compañía dendo o aparcamento do Parque dos Condes.

---Dalmiro de la Válgoma

---Escultor Francisco Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro

 

•   Entre as 11:45 e as 13:30 horas estarán cortadas as seguintes rúas:

 

---Aparcamento do Parque dos Condes

---Compañía

---Paseo de Lugo

---San Lázaro

---Reboredo

---Dalmiro de la Válgoma

---Escultor Francisco Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro

---Cardeal Rodrigo de Castro

---Avenida de Galicia dende cruce co Cardeal ata cruce coa rúa Ourense

---Hortas

---Ponte Vella

---R/ Antonio Méndez Casal

 

O Concello de Monforte anima a todos os veciños a presenciar as carreiras e a animar ós seus participantes.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting