Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
28 - Maio - 2017  |  20:21:19
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Alcalde reúnese cos dous predecesores no cargo para falar dos asuntos relevantes do Concello

11/05/2017 - Novas de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, mantivo hoxe unha reunión de traballo cos dous rexedores que lle precederon no cargo, don Nazario Pin Fernández e don Severino Rodríguez Díaz. Foi un xantar nun establecemento de hostalaría de Monforte, ó que convidou o actual mandatario, polo que o pagou el de xeito persoal.

 

O Alcalde enmarca esta xuntanza dentro da normalidade democrática de contactos entre persoas que desempeñaron o mesmo cargo como máximos responsables das tarefas municipais, para analizar conxuntamente asuntos de interese.

 

O obxectivo era informar ós anteriores Alcaldes dos diferentes proxectos municipais, tanto os que están en execución como os que se pretenden levar a cabo nos vindeiros dous anos que quedan de mandato.

 

Particularmente, José Tomé Roca, quixo informalos dos traballos de redacción do Plan Especial do Casco Histórico e solicitarlles a súa participación nun foro de análise do documento, que está a punto de rematar na súa redacción inicial.

 

Este foro de participación, análise e opinión do citado documento estará formado por persoas  independentes, do mundo da cultura, urbanistas e empresarios, para que unha vez analizado o proxecto do Plan Especial, expresen a súa fundada opinión sobre a importancia do Plan para Monforte e sobre a validez do documento elaborado polo equipo redactor.

 

O Alcalde quería coñecer a opinión e disposición de Nazario e de Severino neste asunto de vital importancia para Monforte, de cara a recuperar e rehabilitar o casco histórico no futuro, para poder acollernos a posibles investimentos das administracións estatal e autonómica, destinadas á recuperación de cascos históricos.

 

A ámbolos dous ex-rexedores, tanto Nazario como Severino, parécelles positivo e puxéronse a disposición para axudar en todo o que fose posible e estivera nas súas mans. O Alcalde quere agradecer ós dous interlocutores a boa disposición para colaborar e comprométese a telos informados periodicamente dos asuntos relevantes do Concello.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting