Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Setembro - 2017  |  0:30:45
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

Monforte acollerá este verán a terceira edición do Depor Campus

16/05/2017 - Deportes

Este verán Monforte vai acoller a III edición do Depor Campus Monforte, unha actividade deportiva dirixida ós nenos de entre 6 e 14 anos e que se vai desenvolver dende o 24 e ata o 28 de xullo nas instalacións do Calasancio.

 

Técnicos do Real Club Deportivo da Coruña serán os encargados de ensinar ós cativos habilidades e técnicas futbolísticas. “Queremos que sexa unha experiencia gratificante e de aprendizaxe para os nenos, por iso, haberá unha atención individualizada. Serán grupos de traballo reducidos para que os rapaces poidan resolver os problemas do xogo. Por outra parte, a idea é inculcar valores como a solidariedade e o compañeirismo”, explicou José Barcala, o director de Metodoloxía do Deportivo da Coruña. En concreto, a idea é que haxa como máximo 15 nenos por cada adestrador.

 

Unha das novidades desta edición é que todos os nenos que participen recibirán unha entrada para o trofeo Teresa Herrera. Ademais, os rapaces recibirán toda a equipación necesaria, así como un diploma e outros agasallos.

 

Pola súa parte, o Alcalde sinalou que “iniciativas coma esta son moi positivas, posto que axudan a facilitar a conciliación entre a vida laboral e familiar”. José Tomé subliñou tamén que “para o Concello de Monforte é moi satisfactorio ver como Clubs profesionais de primeiro nivel, como é o caso do Deportivo, se interesen por levar a cabo no noso Concello actividades dirixidas a nenos e nenas, co aliciente que isto supón para eles”. O mandatario local engadiu que “quero sinalar, por outra parte, que o Concello de Monforte sempre vai estar disposto a colaborar con iniciativas coma esta, que fomentan o deporte”.

 

Toda a información así como as inscricións para o III Campus poden realizarse a través da web deporcampus.rcdeportivo.es. Tamén hai un enderezo electrónico ó que dirixirse: deporcampus@rcdeportivo.es


  • Ampliar Foto...

Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
Novas Axudas ARI
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting