Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
26 - Xullo - 2017  |  8:35:44
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

A XX edición dos Xogos Autonómicos de Special Olympics terá como escenario o campo de fútbol de As Lamas

18/05/2017 - Benestar Social

Monforte acolle este sábado, 20 de maio, unha nova edición dos Xogos Autonómicos de campo a través Special Olympics de Galicia. A competición vai reunir na cidade do Cabe 374 participantes procedentes de diferentes puntos da comunidade autónoma e 53 voluntarios.  A inauguración do evento deportivo será ás 10:45 horas. Un pouco máis tarde, ás 11:30, dará comezo a competición e a clausura será ás 19 horas.

 

O Alcalde destacou que “este ano a novidade é a instalación na que se realizará a actividade, que deixa de ser a zona que se utilizaba nas anteriores edicións, na contorna do Campo de Tiro de As Lamas, para ubicarse no Campo Municipal de Fútbol”. José Tomé engadiu que “o Concello tivo que facer un esforzo importante para preparala e adaptala ás necesidades da competición”. Ademais da posta a punto da instalación, o Concello de Monforte colabora co suministro de trofeos, a dotación dun servizo de ambulancia e as camisetas que cada atleta levará como agasallo.

 

O mandatario local apuntou tamén que “os responsables das administracións somos conscientes da importancia que ten o deporte como medio socializador e transmisor de valores tan positivos como a superación, o xogo limpo, o compañeirismo, e como medio para inculcar hábitos de vida saudables, e neste caso concreto, como medio para mellora-la calidade de vida de rapaces e rapazas que, por algún tipo circunstancia, non están provistos das súas capacidades ó 100 %”.

 

Pola súa parte, o presidente de Special Olympics, Eladio Fernández, explicou que “o cambio de ubicación dos Xogos obedece ó crecemento tan espectacular que experimentou a práctica da petanca, así podemos facilitar o seu desenvolvemento”. Dende Special Olympics apuntaron tamén que a xornada do sábado será un día de estímulo e de intento de superación para todos os participantes: “pretendemos que sexa un día de convivencia máis que de competición, que axude a facer amigos”, apuntou Julio Cortiñas, vicepresidente de Special Olympics e xerente de PRODEME.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting