Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
26 - Xullo - 2017  |  8:42:11
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

Unhas 400 persoas participaron nas actividades de Servizos Sociais postas en marcha polo Concello dende abril a xuño

03/07/2017 - Benestar Social

Ó redor de 400 persoas participaron nas actividades de Servizos Sociais postas en marcha polo Concello dende abril e ata o 30 de xuño. Desa cantidade, 251  asistiron ás clases no Centro Cívico e máis dun cento participaron nas que se impartiron nas diferentes parroquias.

 

O Alcalde, José Tomé, e a concelleira de Servizos Sociais, Gloria Prada, mantiveron este venres unha xuntanza cos participantes no Centro Cívico Social para compartir con eles impresións sobre o programa. A xornada comezou cun obradoiro de animación e rematou cunha exhibición do grupo de xerontoximnasia e de baile. Despois, os asistentes puideron gozar dunha merenda na cafetería.

 

O mandatario local destacou que “o programa Activa ten como obxectivo promover a participación dos veciños e, por outra parte, posibilitar espazos de encontro entre xeracións. A prioridade son as persoas e, por iso, durante este mandato duplicouse o presuposto destinado polo equipo de goberno a este programa, un feito que permitiu que máis persoas puidesen participar e que tamén se impartisen novas disciplinas”.

 

José Tomé Roca apuntou que “desta volta as novidades foron pilates, cociña, danza expresiva, restauración, saúde e beleza. A decisión de incluílas foi moi acertada xa que son as que máis gustaron. Con todo, quero sinalar que o resultado xeral foi moi positivo posto que todas as actividades tiveron moito éxito e a xente quedou tamén moi satisfeita co traballo realizado por parte dos diferentes monitores”.

 

A maiores, no programa había manualidades, memoria, fotografía, risoteatro, ofimática, reciclaxe e costura creativa, e como sacar partido ó móbil, redes sociais e internet. Cómpre destacar que varias das persoas que asistiron a estas actividades tiveron ocasión de probar dúas ou incluso, tres disciplinas diferentes.

 

Máis participación

 

O mandatario local aproveitou o acto de clausura para agradecer a participación dos veciños no programa de actividades de Servizos Sociais. Así mesmo, José Tomé, lanzou unha mensaxe para animar ós veciños a seguir participando en vindeiras edicións: “este equipo de goberno ten como unha prioridade potenciar os Servizos Sociais, e nesa liña imos seguir traballando, porque actividades coma esta son moi positivas para o ser humano”.

 

As actividades do programa Activa leváronse a cabo durante os meses abril, maio e xuño deste ano no Centro Cívico Social, ubicado no paseo do Malecón, e tamén nas parroquias. 



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting