Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
19 - Novembro - 2017  |  15:10:02
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello realiza obras para mellorar a seguridade da gardería municipal e adquire novo mobiliario

05/07/2017 - Educación

O Alcalde e a concelleira de Cultura supervisan o funcionamento da pantalla multitáctil

O Alcalde e a concelleira de Cultura visitaron esta mañá a gardería municipal para supervisar o resultado dos traballos de mellora no equipamento e nas infraestruturas da instalación educativa.

 

Unha das actuacións realizadas polo Concello foi a compra de mobiliario para o interior da gardería, “concretamente, adquiriu 4 tronas con 5 asentos, cada unha delas para mellorar a dotación da coñecida como sala múltiple, que realiza as funcións de comedor”, explicou o Alcalde, José Tomé. “Este moble, a xeito de mesa, axudará a mellorar o servizo, posto que permitirá que o alumnado poida estar sentado todo xunto, incrementando deste xeito as relacións sociais e afectivas entre eles. Ademais con este mobiliario tamén se consegue unha maior efectividade na hora da comida: se o neno ve que está comendo o que ten á beira, el tamén o fará”, engadiu o mandatario local. O custe das tronas superou os 4.700 euros.

 

Por outra parte, o Concello de Monforte quería que a gardería municipal dispuxera dunha aula dixital. Para iso, adquiriuse unha pantalla de 55 pulgadas mutitáctil, a nova xeración dos encerados dixitais. Tamén se incorporou un ordenador portátil. O rexedor, José Tomé, subliñou que “hoxe en día contar cunha aula dixital é imprescindible, axuda a que os nenos e nenas traballen dunha forma máis creativa e ademais consegue motivar o interese dos cativos, posto que permitirá que poidan acceder ós contidos dunha forma moito  máis dinámica e atractiva”. O rexedor engadiu que “estas ferramentas ofrecen multitude de recursos multimedia que axudan a motivar ós nenos”.

 

Obras no patio da gardería

 

O Concello de Monforte tamén renovou o patio da gardería municipal. Neste caso, a obra custou 21.147 euros. En concreto, os traballos incluíron melloras no pavimento da zona de xogos mediante a colocación de céspede artificial e losetas de caucho. Tamén se colocou un protector no muro perimetral da zona de xogos a unha altura dun metro. Por outra parte, instalouse un protector nos bordillos do patio. “Os máis pequenos pasan moito tempo no patio, alí corren e xogan, e por iso cómpre dotalo da máxima seguridade. Con estes mecanismos vamos evitar que se fagan moito dano no caso dalgunha caída”, argumenta o Alcalde. O mandatario local matiza que “a gardería cumpría xa coa normativa vixente pero precisaba dunha modernización das súas instalacións, tanto a nivel de acabados, de materiais como de equipamento”.

 

Por outra parte, adquiriuse novo mobiliario exterior de xogos, entre eles, unha torre cunha casiña tobogán e balcón e tamén un arenero de madeira e bancos. O rexedor subliña que “coa realización desta actuación imos conseguir que os alumnos da gardería melloren o seu desenvolvemento e convivan cos seus compañeiros realizando actividades físicas nun espazo lúdico”.

 

A maiores, o Concello cambiou a porta de entrada á gardería que, como novidade incorpora unha manilla de apertura para a saída de emerxencia. Tamén se substituíron dúas persianas e realizouse o pintado da valla do perímetro exterior.

 

Investimento das obras

 

O importe total dos traballos superou os 35.000 euros. A administración local destinou fondos propios para a realización das obras pero tamén recibiu unha axuda da Xunta, que está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. “O noso obxectivo era mellorar a seguridade da instalación educativa, a comodidade dos nenos e conseguir que os máis pequenos dispuxeran das últimas tecnoloxías durante a súa aprendizaxe”, indicou o José Tomé.

 

Actualmente, o Concello de Monforte destina 146.000 euros para o mantemento anual desta instalación educativa, “un esforzo económico moi importante para as arcas municipais co obxectivo de axudar ás familias monfortinas a conciliar a súa vida familiar e laboral”, indica o mandatario local, José Tomé.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting