Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
22 - Setembro - 2017  |  22:34:12
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

A celebración do Festival do Viño vai obrigar a realizar cortes de tráfico no Paseo do Malecón

09/07/2017 - Avisos Municipais

A celebración do Festival do Viño da Ribeira Sacra, que terá lugar a vindeira fin de semana no Paseo do Malecón, vai obrigar a realizar restricións ó tráfico xa dende o mércores.

En concreto, dende as 6:30 horas do 12 de xullo non vai ser posible estacionar nin circular ó longo de todo o Paseo do Malecón. Tampouco vai ser posible que os coches accedan polo tramo de enlace coa rúa Doctor Casares, ó lado do ambulatorio. Estas restricións comezarán antes do venres, posto que será necesario realizar a montaxe das instalacións do festival.

Por iso, os axentes da policía local van desviar o tráfico de entrada ó centro de Monforte pola Ronda María Emilia Casas Baamonde. Está previsto que se coloquen sinais e paneis informativos nas zonas afectadas.

O Festival do Viño remata o domingo, pero estas restricións vanse manter ata o luns, posto que ese día haberá que desmontar todas as carpas.

Programa Aquí Galicia, da TVG

Coincidindo coa celebración do Festival do Viño, o programa musical Aquí Galicia, da Televisión de Galicia, vaise emitir de novo en directo dende Monforte durante a tarde do sábado. O escenario estará no Campo de San Antonio. 

Neste caso, cómpre destacar que dende as 9:30 horas da mañá do sábado non vai ser posible estacionar no espazo lateral da Casa Consistorial, a zona na que se aparca en batería. Esta zona quedará reservada durante toda a xornada para os vehículos necesarios para a realización do espazo televisivo.

 



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting