Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
22 - Setembro - 2017  |  22:33:28
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

Monforte de Lemos vai presidir a Comisión de Patrimonio e Cidade da Rede de Xuderías de España

14/07/2017 - Cultura

Monforte de Lemos vai presidir a Comisión de Patrimonio e Cidade da Rede de Xuderías de España.

 

Así se acordou en Córdoba durante a última reunión da directiva da Rede de Xuderías, unha xuntanza á que asistiu a tenente de alcalde, Gloria Prada, e na que se renovaron os cargos da Mesa de Presidencia da Rede.

 

A Comisión de Patrimonio e Cidade é unha das tres mesas de traballo nas que se organiza esta rede e da que se ocupará a partir de agora a cidade do Cabe. As outras dúas son a Comisión de Educación e Cultura, que estará presidida por Lucena, e a de Turismo e Comunicación, da que se vai ocupar a cidade de León.

 

A cidade de Estella-Lizarra tomará o relevo de Córdoba á fronte da Presidencia, mentres que a cidade andaluza pasará a ocupar a vicepresidencia segunda. As outras dúas vicepresidencias serán ocupadas polas cidades de Hervás e Jaén.

 

A reunión en Córdoba estivo marcada polos discursos dos presidentes saíntes e entrantes, ámbolos dous coincidiron en que a fortaleza da Rede de Xuderías está consolidada. Destacaron tamén que o interese dos proxectos en marcha é máximo e que se superaron as dificultades de reestructuración dos últimos meses.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting