Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
16 - Decembro - 2017  |  6:25:45
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

A Xunta de Goberno do luns ampliará o prazo de presentación de alegacións ó Plan Especial

22/09/2017 - Novas de Monforte

A Xunta de Goberno local do vindeiro luns vaille dar luz verde a unha ampliación do prazo para poder presentar alegacións ó Plan Especial de Protección do conxunto histórico-artístico da cidade. Con este acordo daráselle cumprimento ó compromiso do Alcalde, que en reiteradas ocasións afirmara que habería unha ampliación do prazo para que “todos os cidadáns dispoñan do tempo suficiente para analizar e consultar o documento, así como para que realicen as alegacións que consideren oportuno”.

 

O documento publicouse no Diario Oficial de Galicia o pasado 3 de agosto. Ademais, deuse a coñecer a través do Boletín Oficial da Provincia, da páxina web municipal e dos xornais de maior difusión na provincia. Tamén se lles notificou ós titulares dos terreos afectados.

 

Polo que respecta ó prazo de exposición pública, esta iniciouse o pasado 4 de agosto e estaba previsto que rematase dous meses despois. Pero agora, o equipo de Goberno local decide ofrecer o dobre de tempo do que establece a lei e o prazo de alegacións amplíase dous meses máis; polo tanto, será posible presentalas ata comezos de decembro. O mandatario local, José Tomé, sinala que “buscamos a máxima transparencia así como ofrecer todas as facilidades posibles para que a xente poida consultar o Plan Especial”.

 

Obxectivos do Plan Especial do Casco Histórico

 

O Alcalde indica que “como Plan de Protección debe propoñer as medidas destinadas a salvagardar o patrimonio cultural do conxunto histórico artístico, declarado Ben de Interese Cultural de Galicia”.

 

Por outra parte, José Tomé, sinala que “como Plan de Rehabilitación debe ordenar e programar as actuacións necesarias para recuperar e impulsar a mellora das condicións sociais e de habitabilidade, e das condicións culturais, económicas, ambientais, edificatorias e funcionais, para a revitalización do conxunto urbano, en  favor dos seus residentes e do conxunto da cidade”.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting