Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
16 - Decembro - 2017  |  6:25:51
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

A Xunta de Goberno local aproba as bases e a convocatoria para a concesión de axudas á creación de emprego

27/09/2017 - Emprego e Promoción Económica

A Xunta de Goberno local desta semana deulle luz verde á creación dunha partida de 25.000 euros no orzamento municipal coa que se pretende promover a creación de empresas e de emprego no Concello de Monforte. O Alcalde, José Tomé, destaca que “deste xeito, cumprimos coa finalidade de colaborar de forma activa na xeración de emprego no noso municipio,  apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais ou ben, conseguir que se amplíen empresas xa existentes”.

 

O obxectivo da convocatoria é o de fixar poboación no Concello e contribuír a que haxa un crecemento sostible. Por outra parte, o mandatario local sinala que “con esta actuación estamos dando cumprimento a un dos nosos compromisos cos orzamentos municipais de 2017, axudando a que as empresas contraten máis traballadores. Cómpre destacar tamén que esta é a primeira vez que se establece este tipo de axuda no Concello de Monforte”.

 

A estas axudas van poder acollerse os empresarios e as pequenas e medianas empresas, con independencia da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017; ou ben, que contrataran persoal nese período de tempo. É imprescindible que teñan o seu enderezo fiscal e social en Monforte.

 

A finalidade das subvencións é facer fronte a parte dos gastos derivados da posta en marcha e do funcionamento da empresa durante os primeiros meses da actividade. O importe máximo da axuda será de 1.500 euros por beneficiario e non poderá superar o 50% dos gastos efectuados durante o período indicado.

 

Cómpre sinalar que esta contía incrementarase nun 25% en caso de que a persoa beneficiaria sexa muller ou unha persoa con discapacidade. 


    Documentación AdicionalDocumentación Adicional


    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting