Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
20 - Outubro - 2017  |  5:27:18
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Alcalde visita ós mozos que comezaron a traballar no Obradoiro de Emprego Cobas xuvenil

04/10/2017 - Emprego e Promoción Económica

O Alcalde, José Tomé, e a primeira Tenente-Alcalde, Gloria Prada, visitaron esta mañá os mozos de entre 18 e 30 anos que están traballando no obradoiro de emprego Cobas xuvenil, promovido polo Concello de Monforte e subvencionado pola Consellería de Economía, o Fondo Social Europeo e a propia administración municipal.

 

Os contratos de traballo serán a xornada completa e terán unha duración de 6 meses. En concreto, hai 7 persoas que van realizar traballos de carpintería e moble e outras 8 destinadas ó módulo de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes.

 

Durante a visita, o mandatario local destacou que  “a vosa participación é moi importante porque imos conseguir poñer en valor este espazo de Cobas-A Pinguela, e porque supón unha continuación dos traballos que iniciaron os vosos compañeiros durante o pasado ano”.

 

Detalle dos traballos

 

En concreto, os mozos van preparar o terreo para a sementar céspede e tamén acondicionarán unha senda peonil. Por outra parte, colocarán unha varanda de madeira e tamén instalarán bancos na contorna do parque  e polo paseo do río. Ademais, nas zonas nas que se semente o céspede, tamén se vai colocar un rego automático con auga procedente dunha captación que se fará na propia zona verde.

 

“En definitiva, grazas ó voso traballo e esforzo, imos potenciar o uso recreativo, deportivo e medioambiental deste espazo público, o que vai permitir ós nosos veciños e visitantes estar en contacto coa natureza, será un novo espazo de ocio e de lecer”, indicou José Tomé.

 

Creación de emprego

 

Por outra parte, o Alcalde destacou que “o noso obxectivo é crear emprego para as persoas que, lamentablemente, estabades sen traballo. Con este proceso formativo, queremos contribuír a mellorar a vosa empregabilidade para que teñades máis posibilidades de inserción no mercado laboral”.

 

José Tomé engadiu que “outra das nosas pretensións é que obteñades formación nunha actividade relacionada co medio ambiente, onde cada vez hai máis oportunidades de emprego por ser un dos ocos de mercado, e tamén coa carpintería, onde escasean profesionais relacionados coa profesión”.

 

O Alcalde tamén subliñou que os obradoiros de emprego son moi positivos “posto que axudan ós Concellos a levar a cabo proxectos que, sen este mecanismo, sería moi difícil de podelos levar á práctica. Ademais, fomentan o emprendemento”.

 

Compromiso coas empresas

 

José Tomé dixo tamén que “quero destacar que o Concello de Monforte, dentro das súas posibilidades, aposta decididamente polo fomento do emprego. Proba diso é que  no orzamento para 2017, temos unha partida de 25.000 euros para axudar a aqueles emprendedores que creen emprego nas empresas ubicadas no termo municipal de Monforte, aquelas empresas que empezaron a súa actividade ou que están medrando”.

 



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting