Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
16 - Decembro - 2017  |  6:25:16
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

Monforte conmemora o Día Internacional da Muller Rural coa celebración dun obradoiro sobre emprendemento

11/10/2017 - Emprego e Promoción Económica

O Concello de Monforte quere sumarse ós actos que se van celebrar o vindeiro domingo, 15 de outubro, co gallo do Día Internacional da Muller Rural. A principal actividade programada consiste nunha xornada formativa sobre o emprendemento, que se vai celebrar o luns, 16 de outubro, de 10:30 a 13 horas, na Sala de Actividades do Centro Cívico Social, ubicado no Paseo do Malecón.

 

A xornada estará impartida por Nieves Gallardo, da Asociación Edeidades e Ana López, da Asociación de Mulleres  Empresarias de Lugo e Provincia. Ademais vai estar presente Candy Rodríguez, de “El Rincón de finca El Carmen”, que achegará a súa experiencia empresarial como exemplo de muller emprendedora no rural.

 

O número de prazas para esta xornada está limitado, polo que as persoas que estean interesadas en asistir deberán realizar a inscrición no Centro de Información á Muller (CIM) a través do teléfono 982 41 63 50 ou ben, por correo electrónico no seguinte enderezo cim@concellodemonforte.com.

 

A concelleira de Cultura, Marina Doutón, sinala que “o obxectivo desta formación é fomentar o emprendemento entre as mulleres do medio rural, presentarlles cales son as principais liñas de axuda ás mulleres emprendedoras e amosar unha experiencia da posta en marcha dunha iniciativa no rural de Monforte”.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting