Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
19 - Novembro - 2017  |  14:54:20
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

Monforte, protagonista do stand do Lar Gallego de Sevilla no IX Encontro de Casas Rexionais e Provinciais de Sevilla

17/10/2017 - Cultura

A cidade de Monforte foi a gran protagonista na IX edición do Encontro de Casas Rexionais e Provinciais, que cada ano se celebra en Sevilla co gallo do Día da Hispanidade.

 

Nesta edición, os visitantes puideron contemplar imaxes e vídeos da cidade do Cabe no stand do Lar Gallego de Sevilla. Ademais, era posible degustar produtos da terra como queixo, lacón, empanada e mesmo viño, grazas á colaboración do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.

 

Os Amigos do Camiño de Santiago de Sevilla explicaban a todos os que se achegaban as diferentes rutas que levan a Compostela, e mesmo recibiron ós integrantes da Asociación do Camiño de Inverno.

 

Este ano, os presidentes das diferentes casas rexionais e provinciais de Sevilla recibiron un recoñecemento do Concello sevillano. O Alcalde de Monforte, José Tomé, foi quen fixo entrega desta distinción ó Presidente do Lar Gallego de Sevilla, Alfredo Otero. 

 

O mandatario local manifestou "o orgullo que supón que o Lar Gallego de Sevilla adique o seu stand a Monforte. Tíñamos que estar con vós, cos Xograres de Lemos e co Camiño de Inverno, para amosar aquí o encanto da nosa terra  e da nosa cultura".

 

José Tomé aproveitou a súa viaxe para ensalzar toda a zona da Ribeira Sacra e animou ós asistentes a visitar Monforte.


  • Ampliar Foto...
  • Ampliar Foto...
  • Ampliar Foto...
  • Ampliar Foto...
  • Ampliar Foto...

Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
Novas Axudas ARI
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting