Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
19 - Novembro - 2017  |  14:52:59
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

Novo asfaltado nas rúas Eduardo Pondal e Alexandre Bóveda

18/10/2017 - Novas de Monforte

O Concello segue adiante coas melloras de diferentes rúas da cidade. Esta mañá as máquinas da empresa Acoval S.A. comezaron a botar o aglomerado en Alexandre Bóveda e en Eduardo Pondal, ubicadas no barrio da Florida. O Alcalde, José Tomé, destaca que “o novo firme será de aglomerado en quente e haberá tamén unha nova sinalización horizontal, algo que ata o de agora non existía. En total imos actuar sobre unha superficie de 5.625 metros cadrados, 5.168 en Eduardo Pondal e 455 no caso de Alexandre Bóveda”.

 

O mandatario local sinala que con esta obra o barrio da Florida experimentará unha mellora integral: “xa renovamos o firme en Calvo Sotelo, na rúa Real, en Valle Inclán, Arosa, Benito Vicetto, Malvarón e, agora, imos actuar nas dúas que faltaban, Eduardo Pondal e Alexandre Bóveda”.Por outra parte, José Tomé subliña que “xa son historia as fochancas permanentes que había na Florida a ambos lados da vía de Ferrocarril”.

 

Compromiso de mellorar as rúas

 

O Alcalde destaca que “o meu compromiso cando cheguei ó Goberno municipal foi mellorar os barrios da cidade, para conseguir unha mellor calidade de vida para os veciños de Monforte. Esta tarefa xa a comezamos durante o pasado ano, cando arranxamos ó redor dunha vintena de rúas”. José Tomé sinala que “seguimos adiante co mesmo obxectivo, de feito xa temos varios proxectos que están en proceso de redacción”.

 

O presuposto deste proxecto ascende a 58.190’45 euros, e será financiado integramente con fondos municipais. 



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting