Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
19 - Novembro - 2017  |  14:54:02
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello amplía os días de asesoramento técnico sobre o Plan Especial ata o 29 de novembro

18/10/2017 - Avisos Municipais

Tal e como comprometera o Alcalde, vaise facilitar o máximo posible que as persoas reciban asesoramento técnico sobre o contido do Plan Especial do Casco Histórico. A proba é que o Concello acaba de ampliar o prazo para que os cidadáns poidan achegarse á Sala de Xuntas da Casa Consistorial para consultar tódalas dúbidas cun Arquitecto Superior, membro do propio equipo redactor.

 

“Os cidadáns que así o desexen van ter unha nova oportunidade para recibir asesoramento técnico”, explica José Tomé, “o Arquitecto Superior, que xa estivo esta mañá no Concello atendendo a varios veciños, continuará ofrecendo asesoramento durante 6 mércores máis. É dicir, será os días 18 e 25 de outubro e 8, 15, 22 e 29 de novembro”. A atención é en horario de mañá, de 9 a 15 horas.

 

O rexedor reitera que “o proceso de tramitación do Plan Especial estase realizando con total e absoluta transparencia. De feito, calquera persoa interesada poderá dirixirse ó Concello e consultar na Sala de Xuntas a integridade do documento. Pero ademais diso, tamén é posible que os cidadáns consulten o contido do documento dende as súas casas, posto que existe a opción de  velo a través da páxina web, no  do enderezo  www.monfortedelemos.es; ademais teñen á súa disposición un modelo de alegación gratuíto, para que non teña custe para os veciños as alegacións presentadas”.

 

Ampliación do prazo para presentar alegacións

 

Cómpre destacar que a Xunta de Goberno local do pasado 25 de setembro deulle luz verde a unha ampliación do prazo para poder presentar alegacións ó Plan Especial de Protección do conxunto histórico-artístico da cidade. Un acordo co que se da cumprimento ó compromiso do Alcalde, que en reiteradas ocasións afirmara que habería unha ampliación do prazo para que “todos os cidadáns dispoñan do tempo suficiente para analizar e consultar o documento, así como para que realicen as alegacións que consideren oportuno”.

 

O documento publicouse no Diario Oficial de Galicia o pasado 3 de agosto. Ademais, deuse a coñecer a través do Boletín Oficial da Provincia, da páxina web municipal e dos xornais de maior difusión na provincia. Tamén se lles notificou ós titulares dos terreos afectados.

 

Polo que respecta ó prazo de exposición pública, esta iniciouse o pasado 4 de agosto e estaba previsto que rematase dous meses despois. Pero o equipo de Goberno local decidiu ofrecer o dobre de tempo do que establece a lei e o prazo de alegacións amplíase dous meses máis; polo tanto, será posible presentalas ata comezos de decembro. O mandatario local, José Tomé, sinala que “buscamos a máxima transparencia así como ofrecer todas as facilidades posibles para que a xente poida consultar o Plan Especial”.

 

Obxectivos do Plan Especial do Casco Histórico

 

O Alcalde indica que “como Plan de Protección debe propoñer as medidas destinadas a salvagardar o patrimonio cultural do conxunto histórico artístico, declarado Ben de Interese Cultural de Galicia”.

 

Por outra parte, José Tomé, sinala que “como Plan de Rehabilitación debe ordenar e programar as actuacións necesarias para recuperar e impulsar a mellora das condicións sociais e de habitabilidade, e das condicións culturais, económicas, ambientais, edificatorias e funcionais, para a revitalización do conxunto urbano, en  favor dos seus residentes e do conxunto da Cidade”.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting