Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
19 - Novembro - 2017  |  14:53:21
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello instala dúas novas farolas entre a rotonda do Hórreo e a do Peregrino

18/10/2017 - Novas de Monforte

Tal e como anunciara o Alcalde, o Concello de Monforte segue adiante co seu proxecto para mellorar a iluminación no conxunto das rúas da cidade. Desta volta,traballadores da brigada municipal de servizos instalaron dúas novas farolas entre a rotonda do Hórreo e a do Peregrino.

 

O mandatario local, José Tomé, destaca que “con esta actuación dotamos de luz a unha zona na que hai varios bloques de vivendas, coñecidas como de Caixa Galicia e que, ata o de agora, carecía de iluminación pública. Polo tanto, suporá unha mellora importante para todos os veciños que residen alí”.

 

Por outra parte, cómpre destacar que a instalación destes novos puntos de luz suporá un incremento da seguridade viaria: “é unha mellora significativa  entre as dúas rotondas, xa que facilitaremos a visibilidade dos condutores que circulen por esta zona”, indica o rexedor.

 

A colocación destas novas farolas súmase ós traballos que se xa se levaron a cabo en moitas zonas da cidade e tamén das parroquias. “Temos a vontade de seguir facendo actuacións deste tipo noutras rúas da cidade ata conseguir unha mellora global do alumeado público, co obxectivo de que Monforte sexa unha cidade máis luminosa”, explica o Alcalde.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting