Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
19 - Novembro - 2017  |  14:52:38
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Alcalde inaugura o novo local social de Sindrán

23/10/2017 - Novas de Monforte

O Alcalde, José Tomé, inaugurou este venres as instalacións do local social da parroquia de Sindrán, ubicado no lugar de Eirexe. Trátase dun novo espazo de reunións para os veciños e veciñas que ten unha superficie total de 114 metros cadrados: “en concreto, o espazo destinado á sala de reunións é de 78’10 metros cadrados, o resto da superficie, 18 metros cadrados, correspóndese co porche de acceso ó local”, matiza o mandatario local.

 

José Tomé destaca que “un dos nosos obxectivos era o de dotar á parroquia monfortina de Sindrán dun local social; consideramos que esta é unha obra dun indubidable interese público posto que vai beneficiar ó conxunto dos veciños e veciñas que residen aquí, nunha das parroquias periféricas máis poboadas e cunha intensa actividade veciñal. Será un espazo de reunións para todos”.

 

Por outra parte, José Tomé, apunta que “cómpre destacar que coa posta en servizo destas instalacións estamos conseguindo unha mellor dotación de servizos para a poboación que reside no rural, e contribuímos a paliar unha importante carencia que existía”.

 


  • Ampliar Foto...
  • Ampliar Foto...

Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
Novas Axudas ARI
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting