Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
19 - Novembro - 2017  |  14:53:43
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

Un magosto e unha xornada didáctica sobre as abellas, dúas das propostas do mercado de outono deste sábado

14/11/2017 - Novas de Monforte

O Concello de Monforte celebra este sábado, 18 de novembro, un mercado de outono na Praza de Abastos, no que van estar presentes 14 produtores. Neste espazo vai ser posible adquirir os produtos desta temporada, como por exemplo: cogomelos,castañas, noces ou marmelos. Por outra parte, haberá repostería elaborada con eses mesmos produtos; ademais de queixos frescos, embutidos ou bacalaos.

 

O mercado de outono deste sábado tamén vai contar cun posto de filloas e haberá degustacións de chocolates con churros. Estará aberto pola mañá, de 10 a 14 horas, e tamén durante a tarde, de 17 a 20 horas.

 

As persoas que o desexen poderán gozar dun Xantar menú Produtos de outono e Menú especial de cocido. Para iso, terán que poñerse en contacto co Espazo Gastronómico O Viñedo no teléfono 982 982 06 23 63. Ademais, a partir das 20:30 horas, haberá un magosto de balde no Espazo Gastronómico O Viñedo.

 

Coincidindo coa celebración do mercado de outono,  os restaurantes de Monforte ofertarán nas súas cartas menús especiais durante toda a fin de semana, baseados nos produtos da época.

 

Actividades para os nenos

 

Cómpre destacar que os máis pequenos da casa poderán gozar da xornada didáctica O mundo das abellas, a colmea e a produción de mel, prevista ás 11 da mañá. Un pouco máis tarde, ás 12:30 horas haberá un contacontos sobre fadas do bosque e as lendas do outono.

Xa pola tarde, ás 18 horas, haberá un obradoiro de barro.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting