Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
16 - Decembro - 2017  |  6:16:52
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

A Xunta de Goberno amplía, por segunda vez, o prazo de presentación de alegacións ó Plan Especial

22/11/2017 - Novas de Monforte

 

A Xunta de Goberno local desta semana deulle luz verde a unha nova ampliación do prazo para poder presentar alegacións ó Plan Especial de Protección do conxunto histórico-artístico da cidade.

 

Con este acordo daráselle cumprimento ó compromiso do Alcalde, que en reiteradas ocasións afirmara que habería unha ampliación do prazo para que “todos os cidadáns dispoñan do tempo suficiente para analizar e consultar o documento, así como para que realicen as alegacións que consideren oportuno”.

 

Polo que respecta ó prazo de exposición pública, esta iniciouse o pasado 4 de agosto e estaba previsto que rematase dous meses despois. Pero agora, o equipo de Goberno local decide amplialo, por segunda vez. E finalmente, será  ata o vindeiro 16 de xaneiro de 2018.

 

O Alcalde, José Tomé, destaca que “con este novo prazo, o documento levará en exposición pública 5 meses e medio, é máis tempo do que se fixo en ningún lugar de Galicia”.

 

Por outra parte, o mandatario local apunta que “ata esa data, cada mércores seguirá habendo un técnico na Sala de Xuntas do Concello ofrecendo asesoramento a todas as persoas que o desexen”.

 

O Alcalde reitera que “buscamos a máxima transparencia así como ofrecer todas as facilidades posibles para que a xente poida consultar o Plan Especial”.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting